Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha patroa con pouco tirón

    A Coruña - Rosario 2010 - cartel

    Xa estamos en plenas festas do Rosario. A patroa da Coruña trae a festa á cidade ou, mellor dito, á Cidade Vella coruñesa ,con prognóstico de mal tempo para as actividades ao aire libre.

    A única verbena programada, a do grupo ISLA, salvouse da auga pero parece que non terán a mesma sorte os outros encontros musicais que se levarán a cabo estes días.

    Pouco queda daquelas festas dos anos 80 e 90 que traían a verbena durante varios días a esta zona da cidade. A praza de María Pita e despois os xardíns de Méndez Núñez enchíanse de atraccións de feira, aínda que non como nas festas de agosto, e a praza de Azcárraga acollía verbenas diarias durante varias xornadas.

    O programa dos últimos anos vén limitando cada vez máis as actuacións de grupos ou orquestras e presenta un programa mutilado no número de actuacións e días de celebración. De feito este ano só se contou cunha única actuación verbeneira, a do grupo ISLA, cando hai catro ou cinco anos o programa verbeneiro traía a actuación de varias orquestras e grupos musicais.

    As festas da Cidade Vella transcorrerán ata comezos da semana con algunhas actividades interesantes das que damos conta deseguido, pero se o que quere vostede é botar un baile terá que desprazarse ata o Ventorrillo, onde durante catro días se ofrecerá o programa das festas do barrio: o Pilar.

    PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DO ROSARIO 2010 - A CORUÑA

    Xoves, 7 de outubro · Cidade Vella e praza de María Pita, 10.00 h. DIANAS E ALBORADAS. · Igrexa de Sto. Domingo, 10.30 h. OFRENDA FLORAL Á VIRXE DO ROSARIO. · Rúa Marqués de Cerralbo, 11.00 h.: OFRENDA AO IIº MARQUÉS DE CERRALBO (Organiza: Orden de Caballeros de María Pita.) · Igrexa de Sto. Domingo, 12.00 h. MISA SOLEMNE EN HONOR Á VIRXE DO ROSARIO. · Praza de Azcárraga, 13.00 h. Concerto de TRÍO COLOMBITA DE BOGOTÁ · Praza das Bárbaras, 13.00 h. ACTUACIÓN DE ATURUXO · Praza de Azcárraga e outras rúas, 17.30 h. COMPARSA DE CABEZUDOS · Iglesia de Sto. Domingo, 18.00 h. PROCESIÓN DA VIRXE DO ROSARIO (coa intervención das corais Follas Novas, Sporting Club Casino e El Eco.) · Plazuela de las Bárbaras, 19.00 h. Encontro de Corais: CANTARES GALLEGOS - FOLLAS NOVAS - SPORTING CLUB CASINO · Praza de Azcárraga, 19.30 h.: Concerto de SKARARALLAOS · Praza das Bárbaras, 20.30 h.: AS DRIADAS: Innova · Igrexa de Sto. Domingo, 21.00 h. ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICA: Misa de coronación en do mayor, K 317, de W. A. Mozart. · Praza de Azcárraga, 21.30 h.: Verbena con Grupo ISLA Venres, 8 de outubro · Praza de Azcárraga, 21.30 h.: Concerto de STEREOTIPOS Sábado, 9 de outubro · Praza das Bárbaras, 12.30 h. Concerto de IRINA KAZIMIRSKAIA & LOS TROVADORES DE LOGROÑO · Praza de Azcárraga, 13.00 h. Banda de Música SEMENTEIRA · Praza de Azcárraga, 17.30 h. Programación Infantil: DANTHEA TEATRO, O espello de Francisquiña. · Teatro Rosalía Castro, 20.00 h.: XOGOS FLORAIS MARÍA PITA 2009: IIº Marqués de Cerralbo Organiza: Orden de Caballeros de María Pita. · Plazuela de las Bárbaras, 19.00 h. Orquestra de acordeóns LEMBRANZAS · Praza de Azcárraga, 19.30 h.: Concerto de RUOTE · Praza de Azcárraga, 21.30 h.: Concerto de TOMBALOBOS ORQUESTRA Domingo, 10 de outubro · Teatro Rosalía Castro, 12.00 h.: XX FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO Y PÚA "CIUDADE DE CRISTAL" Organiza: Agrupación Musical Albéniz. · Praza de Azcárraga, 13.00 h. Banda de Música SANTIAGO DE ARTEIXO · Praza da Constitución, 17.00 h. Programación Infantil: INCHABLES. · Plazuela de las Bárbaras, 18.00 h. Concerto de LUME NA LAREIRA · Praza da Constitución, 18.30 h. -FESTA DA ESPUMA · Praza de Azcárraga, 19.00 h.: Concerto de GAITEIROS DO PREDROSO · Teatro Rosalía Castro, 19.00 h.: IV CICLO DE COROS HISTÓRICOS CÁNTIGAS E AGARIMOS, QUINTETO BELLÓN MACEIRAS, CÁNTIGAS DA TERRA Organiza: Cántigas da Terra. · Praza de Azcárraga, 21.00 h.: Concerto de CHOTOKOEU Lunes, 11 de outubro · Teatro Rosalía Castro, 20.30 h.: CORO DE INGENIEROS DE BIZKAIA – TUNA DE VETERANOS: PRO COCINA ECONÓMICA Entrada: 3’00 € (carne xove, + 65 anos , desempregados, coralistas coruñeses, 2’00 €) Martes, 12 de outubro · Teatro Rosalía Castro, 21.00 h.: TROVA CORUÑESA PRO GRUMICO Entradas: butacas, plateas e palcos: 10.00 €; anfiteatro, tertulia e galería: 8.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados, -20%).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook