Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha Santa Eufemia de luxo en Leira

    Ordes 2011- Festa de Santa Eufemia en Leira - cartelUn ano máis celébranse as festas de santa Eufemia na parroquia de Leira, en Ordes. Miles de romeiros das comarcas de Ordes, Bergantiños e As Mariñas danse cita cada ano nesta romaría tradicional que ten como escenario un igrexario situado a escasos metros da estrada N-550. A orquestra PANORAMA é unha das habituais nesta festa e así a xornada do venres ten o éxito asegurado, non só pola actuación dunha formación musical líder en Galicia, senón tamén porque moitos "currantes" que a seguen non terán que madrugar ao día seguinte. Ademais, a orquestra caldense estará acompañada por EL COMBO DOMINICANO, formación que este ano pasou por numerosísimas localidades galegas.

    O sábado este ano é de luxo, coa actuación doutra das "grandes" OLYMPUS, acompañada por CHICAS SHOW. O cartel de Leira pódese considerar de luxo en comparación cos carteis deste ano onde se nota bastante a crise en días de celebracións e en nivel de formacións musicais.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook