Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha tortilla ben xeitosa

    Grupo La Oca 2009La Oca, o grupo liderado por Dani Dopazo (segundo pola esquerda), ameniza a Festa da Tortilla xigante en Carcacía (Padrón) / © fotografía roxegar 2009

    A partir das dez mañá en Carcacía (Padrón) poñen a tixola ao lume para facer a tortilla. E falta fai o tempo porque non será unha tortilla calquera, é o día da Festa da Tortilla Xigante.

    Á parte do xantar a poucos metros do Xardín dos Namorados padronés, haberá outras actividades como unha exhibición de aeróbic, un pregón a cargo do popular locutor de radio e xornalista Marcial Mouzo e, como non, tamén música. A sesión vermú e a verbena estará amenizada polo grupo LA OCA de Sanxenxo, unha das formacións musicais con máis datas asinadas para esta temporada.

    Gran tortilla, e tan grande como que se precisará un guindastre para lle dar a volta, e gran verbena por parte de Dani, Mónica ou o gran Puma Rodríguez e o resto da formación musical pontevedresa. Un gran día de festa en Carcacía, a poucos metros do centro de Padrón.

    PROGRAMA COMPLETO

    - Ás 10h. dará comezo a preparación da tortilla - Ás 13h. EXHIBICIÓN DE AERÓBIC polas alumnas da asociación cultural San Pedro de Carcacía - Ás 13.30h. daráselle a volta á tortilla cunha gran grúa - A continuación PREGÓN a cargo do XORNALISTA E LOCUTOR DA RG MARCIAL MOUZO - Seguidamente repartiranse as racións de tortilla - A sesión vermut estará amenizada polo grupo LA OCA e a CHARANGA APELES * verbena durante a tarde ata as 11 da noite coas citadas actuacións; haberá servizo de pulpería e churrasco, e por suposto conxurarase unha GRAN QUEIMADA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook