Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unhas das festas máis grandes de Monforte

    Monforte de Lemos 2013 - Festas de Santo Antón - cartel

    O concello de Monforte de Lemos está de festas. Son, xunto coas que teñen lugar na primeira semana de agosto, as citas festeiras máis importantes na cabaceira do municipio. A festividade de Santo Antón trae cinco días de celebracións con grupos e orquestras coñecidos nos campos de festas de Galicia.

    De mércores a domingo a festa instálase en Monforte. A orquestra TRÉBOL é a primeira en actuar nesta primeira gran cita festeira. A rianxeira ABANICO actuará o día propio (xoves), o venres farano dúas formacións musicais, as orquestras SUPERFAMA e PRINCIPAL. Para a noite do sábado contarase coa actuación dun grupo por confirmar, que acompañará á orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO. Para finalizar, o grupo ILUSIÓN cerrará as festas o vindeiro domingo acompañado pola carismática orquestra LOS SATÉLITES.

    As atraccións de festa e as formacións musicais volverán a Monforte en agosto, para daquela estaremos xa na temporada alta das festas galegas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook