Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Variedade e calidade nas festas de Coirós

    Coirós 2011 - Festas do Santísimo - cartelDúas características principais teñen as festas de Coirós: a primeira é a calidade do programa, con festa gastronómica, sorteos e, sobre todo, música de agrupacións de primeira liña. A segunda, que ten que ver precisamente con esas formacións, é a variedade nos estilos das diferentes bandas que tocarán este ano nas festas.

    Porque entre GRAN CANARIA, IPANEMA e AMÉRICA hai pouco en común fóra de seren todas elas agrupacións típicas de verbena e teren gran calidade. E quizais aquí estea o atractivo do programa, en ir á festa cada un dos tres días de celebración e atoparse cunha orquestra diferente ás outras. Iso vai ocorrer en Coirós.

    A GRAN CANARIA será a primeira en ofrecer os seus ritmos quentes. Música de cumbia, merengue e moita salsa con algunha escapada a outros estilos musicais. A orquestra non ten un repertorio tan marcado como o ano pasado pero segue amosando ese aire latino inconfundible deste tipo de orquestras.

    IPANEMA será a segunda banda en tocar nas festas de Coirós. A primeira vista pode parecer unha orquestra espectáculo sobre todo ao ver a intro ao primeiro pase, pero nada máis lonxe da realidade: música de verbena típica con algunha posta en escena espectacular.

    Por último o prestixioso grupo AMÉRICA. En pouco se parece ás anteriores orquestras mencionadas. Estilo inconfundible dun grupo que quere marcar diferenzas con outras agrupacións verbeneiras. Hai música de verbena, si, pero tamén música que dificilmente se pode atopar nos campos de festa. Nese sentido AMÉRICA marca unha liña que poucos grupos cruzan (ASSIA e algún máis).

    En resumo: calidade e variedade nas festas de Coirós. Non pode haber un título que resuma de mellor xeito o programa nesta localidade que ofrece tres días de festa diferentes. Hoxe mellor ca nunca vennos ao caso aquilo de "na variedade está o gusto". Eu engadiría "o bo gusto". Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook