Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Variedade musical en Lampazas

    orquesta-gran-canaria-2010-cartelGran Canaria cerra mañá as festas en Lampazas (Samos) coa orquestra Bellissima de Valencia

    No concello de Samos, na parroquia de Lampazas, están de festas. O programa ofrece unha variedade musical de orquestras que inclúe a música de dúas formacións galegas e outras dúas procedentes doutras comunidades.

    O primeiro día da festa, hoxe, estará amenizado polas nosas formacións musicais, de primeira liña: LOS PLAYER'S desde ferrol con música moi variada e a actuación, sempre espectacular, de Gerson Galván nas voces. AMISTAD de Vigo será a outra formación. O mítico grupo presenta este ano algunhas novidades como a incorporación dunha voz feminina.

    E a segunda xornada festeira estará amenizada por formacións non galegas: GRAN CANARIA (que está levando a cabo a súa primeira xira por Galicia; formación nova cunha selección de músicos e cantantes de calidade) e BELLISSIMA desde Valencia.

    Un bo cartel en Lampazas para dúas xornadas de festa rachada, a partir das 23:00 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook