Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Verbenalia: o programa

    Verbenalia 2012 - programa 1 Durante catro días, no Ifevi de Vigo, terá lugar a primeira edición de Verbenalia. A denominada "festa das festas" ou "primeira festa do verán" ou tamén "primeira festa indoor de Galicia" celebrarase do 26 ao 29 de abril e na "festa que nunca chove" tamén haberá outras músicas á parte da verbeneira que brindarán as orquestras convidadas. TETÉ Y LOS CICLONES, o mítico SITO SEDES ou BUDIÑO DJ tamén farán acto de presenza. A música complétase cunha banda que fará unha sesión vermú o último día da festa. O humor porao CARLOS BLANCO.

    Aquí tes toda a programación. Para máis información estará totalmente operativa en breve a páxina web verbenalia.org, e tamén en facebook.

    Verbenalia 2012 - programa 2O xoves é o día máis completo tendo en conta a diversidade de espectáculos. Música de orquestra con PANORAMA, concerto de TETÉ Y LOS CICLONES, humor a cargo de CARLOS BLANCO e sesión DJ con BUDIÑO. O segundo día, venres 27, agrupa a catro formacións musicais de verbena que farán unha noite espectacular: ACHÉ, COSTA OESTE, CINEMA e CICLÓN.

    Verbenalia 2012 - programa 3A noite do sábado, ademais de convidar a outras catro formacións musicais: GRAN PARADA, CHARLESTON BIG BAND, JERUSALÉN e SINTONÍA DE VIGO, contará co mítico cantante de LOS SATÉLITES, SITO SEDES.

    Verbenalia 2012 - programa 4E para o domingo, ademais da sesión vermú coa UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES, o que pretende ser unha homenaxe ás comisións de festas, terá lugar o cerre da festa cun cartel de nivel: MARBELLA, PHILADELPHIA, OLYMPUS e PARÍS DE NOIA. Case nada! Desde logo Verbenalia é unha proposta moi a ter en conta pra a última semana de abril.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook