Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Verbenas para escoller no mesmo concello

    orquesta-manhattan-2010-foto-webA orquestra coruñesa Manhattan toca hoxe en Palmeira xunto con Odisea. Ao lado, en Ribeira, Cinema, Fía na Roca e o grupo América SL amenizarán outra noite de festa na capital do concello

    A orquestra coruñesa MANHATTAN é a encargada de abrir as festas en Palmeira (Ribeira) dentro dunhas horas xunto coa orquestra ODISEA. Mañá actuará nos mesmos festexos a orquestra cántabra HOLLYWOOD e o domingo cerrarán os compoñentes dun dos mellores grupos musicais verbeneiros de asturias: ASSIA.

    Dáse a circunstancia de que as festas de Palmeira coinciden no calendario, este ano, coas de Ribeira, e así en poucos quilómetros de diferenza poderemos escoller entre varias actuacións. Hoxe a escolla estará entre MANHATTAN e ODISEA en Palmeira, CINEMA no Malecón ribeirense, AMÉRICA SL no parque García Bayón e FÍA NA ROCA, no Rueiro.

    Mañá, á actuación de HOLLYWOOD en Palmeira hai que sumar o concerto de AMAIA MONTERO no Rueiro e a actuación de CICLÓN no Malecón ribeirense. Tamén en Santa Uxía serán os fogos artificiais ás 24:00 xusto antes do concerto da ex de La Oreja de Van Gogh.

    O domingo cerra en Palmeira o grupo ASSIA, que pouco se prodiga por esta zona galega aínda que estará nas festas de Dodro o día 24. O cerre inclúe unha sesión de fogos artificiais. En Ribeira actuará a orquestra SALSA ROSA e haberá un novo concerto folk: LEILÍA na praza do Rueiro. As de Santa Uxía aínda rematarán o luns coa actuación da orquestra LOS TROVADORES.

    E a orquestra que abre hoxe en Palmeira, MANHATTAN, será a encargada de cerrar o domingo as festas de Queizán, no concello do Corgo. A formación musical coruñesa comezou esta temporada unha nova andaina co cambio de nome e unha remodelación importante. Co escenario acabado de estrear da anterior xira, que foi a última co anterior nome de LOS PRÍNCIPES, a banda coruñesa presenta un repertorio moi bailable e que toca todos os estilos musicais.

    o-corgo-queizan-2010-cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook