Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Vilaboa, centro de atención festeira durante cinco días

    Culleredo 2011 - Festas de Vilaboa - cartel

    A localidade de Vilaboa é o segundo núcleo de poboación máis importante do concello coruñés de Culleredo, despois do Burgo. Non en van está xusto na entrada da cidade da Coruña entrando pola estrada de Santiago. Tamén as súas festas son das máis importantes, competindo moi forte coas do Burgo, sen dúbida as dúas citas festeiras máis importantes do concello e mesmo desa zona da área metropolitana.

    As festas de Vilaboa veñen sempre precedidas dunha semana cultural que lles dá paso durante cinco días ás verbenas, actos festivos e luces de cores das atraccións de feira. Cinco orquestras serán as encargadas de amenizar as noites en Vilaboa e facela por estes días o centro de atención festeira en Culleredo e mesmo na Coruña.

    ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS foi a encargada onte de abrir a edición 2011 das festas de Vilaboa e hoxe, a orquestra vilagarciana LA BÁMBOLA fixo o propio desde hai unhas horas. CINEMA será a formación musical que amenizará a noite do domingo e os amigos de ACHÉ chegarán o luns co seu espectáculo e boa música ao lateral da igrexa onde normalmente se levan a cabo as verbenas desde hai uns anos, cando o adro do templo se fixo pequeno e insuficiente para acoller as grandes orquestras que adoitan tocar en Vilaboa.

    De todas formas nas xornadas de fin de semana ou cando chega á festa algunha das consideradas mellores orquestras de Galicia, a pista deportiva lateral da igrexa onde se fan as verbenas queda, tamén, pequena, porque son centos e nalgunha ocasión miles as persoas que se achegan á localidade cullerdense para gozar das súas festas.

    E o martes, coa actuación da orquestra OLYMPUS, a churrascada e a gran sesión de fogos de artificio, será un deses días nos que aparcar será un suplicio e coller bo sitio no campo da festa, unha odisea, porque as festas de Vilaboa, pola súa importancia e calidade, son un referente en Culleredo e mesmo na cidade da Coruña, onde xa quedan poucas festas das que poder gozar.

    PROGRAMA COMPLETO VILABOA 2011 VENRES 8 DE XULLO: 22:00 LECTURA PREGÓN 23:00 VERBENA AMENIZADA POLA ORQUESTA DA TELEVISIÓN NORDÉS SABADO 9 DE XULLO: 9:00 DIANAS E ALBORADAS A CARGO DO GRUPO OS DA VEIRA DO MONTE 12:30 MISA SOLEMNE NA HONRA DA NOSA SEÑORA DO CARMEN CANTADA POLA CORAL DE MULLERES DE VILABOA. 14:00 SESION VERMOUTH 17.30 EXHIBICION DE SCALEXTRIC 18:00 IV XUNTANZA MOTEIRA 20:00 FESTIVAL DE HABANERAS 22:30 GRAN VERBENA AMENIZADA POLA ORQUESTRA LA BAMBOLA DOMINGO 10 DE XULLO: 9:00 DIANAS E ALBORADAS A CARGO DO GRUPO OS DA VEIRA DO MONTE 12:30 MISA SOLEMNE E PROCESION NA HONRA DO SANTISIMO CANTADA POLA CORAL DE MULLERES DE VILABOA 14:30 SESION VERMOUTH 21.00 ACTUACION LA TROVA CORUÑESA 23:00 GRAN VERBENA AMENIZADA POLA ORQUESTRA CINEMA LUNS 11 DE XULLO: 12:30 MISA SOLEMNE NA HONRA DA SAN ANTONIO E PROCESION NA IGLESIA DA LAXE CANTANDA POLA CORAL DE MULLERES DE VILABOA 22:00 ORQUESTRA ACHE MARTES 12 DE XULLO: 19:00 GRAN CHURRASCADA COA COLABORACION DA PEÑA ANDURIÑA 22:00 GRAN VERBENA AMENIZADA POLA ORQUESTRA OLYMPUS

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook