Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Wilson despídese na París

    París de Noia - 2010 - 020 - Aguiño (Ribeira)

    Wilson Ortega, trompetista de París de Noia, pon punto e final á súa etapa nas orquestras / © Foto: roxegar 2010

    É un dos músicos máis recoñecidos do panorama orquestral galego, non en van forma parte dunha formación de metais considerada das mellores na actualidade. Wilson Ortega, trompetista da PARÍS DE NOIA, despídese esta temporada do mundo verbeneiro.

    O músico nacido en 1971 na Habana, profesor, especialidade trompeta (como non!) no Conservatorio Superior de Música da Coruña, pon punto e final a unha etapa nas orquestras de Galicia que empezou alá polo ano 1997 na orquestra coruñesa FOLIADA e que o levou a formar parte doutras prestixiosas formacións musicais como LOS PLAYER'S (2001-2003) ou OLYMPUS (2003-2004). A partir desta última data formaría parte, ata a actualidade, dunha das consideradas mellores orquestras de Galicia, a PARÍS DE NOIA.

    París de Noia - 2010 - 010 - Aguiño (Ribeira)Antes de chegar á París de Noia, o músico formou parte de orquestras como Foliada, Los Player's ou Olympus / © Foto: roxegar 2010

    E é nesta grande orquestra onde o músico decide despedirse dos escenarios, das pantallas de leeds e dos repertorios verbeneiros para centrarse noutros proxectos. Agora apura a última fase da xira de PARÍS DE NOIA antes do adeus definitivo. Cando a orquestra noiesa suba o telón en 2012, na sección de metais haberá nova cara para continuar ofrecendo a mellor festa un ano máis.

    Foliada 2000 - orquesta - cartelNa segunda fila á dereita, Wilson Ortega ao lado de Noelio, trompetista de Costa Oeste na actualidade. O cartel é da orquestra Foliada da temporada 1999-2000

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook