Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    XV Festa da Troita de Sigüeiro: a música

    Orquesta París de Noia 2011 - Abanqueiro (Boiro) 001Genma Lareo, vocalista da orquestra París de Noia. A formación musical abre en Sigüeiro o festival Oroso en Vivo xunto coa Olympus de Negreira / © Foto: roxegar 2011

    As orquestras PARÍS DE NOIA, OLYMPUS, MARBELLA, ACHÉ, serán as encargadas das verbenas do venres e sábado (Festival Oroso en Vivo) e o domingo será o día da verbena (Día da Troita) a cargo das orquestras LA BÁMBOLA (sesión vermú) e SINTONÍA DE VIGO (verbena de clausura).

    Como xa é costume en Sigüiero, os dous primeiros días ten lugar o FESTIVAL OROSO EN VIVO con dúas grandes orquestras para cada día. O domingo celébrase o día da troita con verbena. Este ano, a orquestra que fará a sesión vermú non é a mesma que actuará pola noite cerrando as festas.

    Tamén en Sigüeiro hai cabida para a música flok, co festival folclórico, e a música de charanga durante os tres días de celebración. A continuación publicamos o programa completo salientando en cor azul a parte musical.

    • 19:00 horas: Exposición de Escultura, Pintura ... Alfonso Ramón, Nando Pereiro, Nolo Suárez e Aurora Santos. Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
    • 23:00 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO - Orquestra París de Noia - Orquestra Olympus Lugar: Alameda de Góis

    • 10:30 horas: Bombas de palenque
    • 10:30 horas: Actuacións e pasarrúas: - Charanga Apeles - Música na Rúa
    • 11:30 a 21:00 horas: Exposición de Escultura, Pintura ... Alfonso Ramón, Nando Pereiro, Nolo Suárez e Aurora Santos. Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
    • 11:30 horas: Feira de Artesanía e Oficios: - Talleres artesáns - Actuacións de rúa Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
    • 16:30 horas: Feira de Artesanía e Oficios: - Talleres artesáns - Actuacións de rúa Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
    • 17:00 horas: Sorteo dos tramos de pesca. Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.
    • 18:00 horas: Programación Infantil: Lugar: Paseo do Carboeiro
    • 18:00 horas: Pasacalles Gaiteiros: - Charanga Apeles - Música na Rúa
    • 20:00 horas: Música Folk Celta. - Boj en Directo Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
    • 22:30 horas: Programación nocturna FESTIVAL OROSO EN VIVO: - Orquestra Marbella - Orquestra Aché Fogos nocturnos Lugar: Alameda de Góis

    • 07:30 horas: Traslado de pescadores aos tramos
    • 09:00 horas: Comezo do Concurso de Pesca
    • 10:30 horas: Bombas de palenque. - Charanga N.B.A. - Música na Rúa - Banda de Música de Ordes
    • 11:00 horas: Feira de Artesanía e Oficios: - Talleres artesáns - Actuacións de rúa Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
    • 11:00 horas: Certame de Xogos Tradicionais Lugar: Paseo do Carboeiro.
    • 11:30 a 21:00 horas: Exposición de Escultura, Pintura ... Alfonso Ramón, Nando Pereiro, Nolo Suárez e Aurora Santos. Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
    • 12:00 horas: Concentración de Coches Clásicos Lugar: Alameda de Góis.
    • 12:30 horas: Degustación de Troitas. - Banda de Música de Ordes Lugar: Alameda de Góis.
    • 13:30 horas: Pregón. Entrega de premios e trofeos do Concurso de Pesca. Lugar: Alameda de Góis.
    • 14:15 horas: Sesión Vermú: - Orquestra Bámbola Lugar: Alameda de Góis.
    • 14:30 horas: Xantar Popular Lugar: Pavillón Municipal.
    • 16:00 horas: Pasacalles e Charangas: - Charanga N.B.A. - Música na Rúa
    • 16:00 horas: Concentración de Coches Clásicos Lugar: Alameda de Góis.
    • 16:30 horas: Feira de Artesanía e Oficios: - Talleres artesáns - Actuacións de rúa Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo.
    • 17:00 horas: Certame de Xogos Tradicionais Lugar: Paseo do Carboeiro.
    • 18:30 horas: Festival Folclórico: - Buxos Verdes de Senra - Lembranzas do Tambre de Sigüeiro Lugar: Praza de Alexandre Bóveda.
    • 21:00 horas: Verbena: - Orquestra Sintonía de Vigo Lugar: Alameda de Góis.

    En caso de mal tempo as programacións infantís e o festival folclórico trasladaranse á carpa na Alameda de Góis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook