Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    XV Festa da Troita: o programa

    festa da troita 2

    [Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño]

    Publicamos o programa completo da XV Festa da Troita que ten lugar en Sigüeiro ata o próximo domingo.

    Feira dos oficios, maxia no Carboeiro e a música celta en directo do Grupo Boj protagonizarán a xornada do sábado da XV Festa da Troita

    oroso

    Cartel promocional da XV Festa da Troita de Sigüeiro

    A Feira da Artesanía e os Oficios e un espectáculo de maxia no Carboeiro protagonizarán a xornada do sábado na XV Festa da Troita de Oroso. Unha festa que comezará ás 10:30 horas co lanzamento de bombas de palenque e un pasacalles a cargo da Charanga Apeles e Música na Rúa, que repetirán actuación ás 18:00 horas.

    Durante toda a xornada, o entorno da praza de Isaac Díaz Pardo acollerá os postos da Feira de Artesanía e dos Oficios, onde os visitantes non só poderán mercar todo tipo de produtos artesanais senón que poderán observar como se elaboran estes produtos, xa que todos os participantes farán demostracións en vivo da súa arte. Expertos artesáns na arte da orfebrería, da canteiría, da pintura, do soprado do vidro, do tratamento do coiro, da encadernación, da litografía e da talla de madeira abrirán os seus postos no entorno da praza Isaac Díaz Pardo.

    As grandes novidades serán a presenza dun artesán do chocolate e dun posto de fotografía minutera, un oficio case extinto no que os visitantes vivirán a experiencia de ser fotografados coas mesmas técnicas e procedementos que os seus avós. O coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira, explica que todos eles “estarán facendo as súas obras en vivo diante dos milleiros de persoas que nos visitan, vendéndoas e incluso facilitando a participación da xente”.

    Maxia no Carboeiro

    Pola tarde, os grandes protagonistas serán os nenos co espectáculo “Maxia no paseo do Carboeiro”, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:30 horas. Así, actuarán:

    - Mago Marttyn, con “Ilusionarte” (de 17:00 a 18:00 horas) - Mago Dani, con “A maxia de Dani García” (de 18:00 a 19:30 horas) - Mago Dani e Mago Marttyn, con “Maxia ao cadrado” (de 19:30 a 20:30 horas).

    A asistencia a este espectáculo, organizado polo Concello de Oroso en colaboración coa Deputación da Coruña, é totalmente gratuíta, se ben é preciso recoller a entrada nas oficinas do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Unhas entradas que se poden recoller o mesmo sábado.

    Folk Celta

    Acto seguido terá lugar outra das novidades deste ano: un festival de Música Folk Celta na praza Isaac Díaz Pardo, ás 20:00 horas, a cargo de Boj. Este grupo ferrolán de música folk combina violíns, guitarra, whistles, travesero de gaita e bodrham. Nados en Ferrol no ano 2002, son coñecidos pola forza dos seus directos, pois adoitan celebrar encontros musicais nos que están abertos a calquera que desexe sumarse á actuación en directo. A súa música combina repertorios de música tradicional cos seus propios arranxos e florituras, con ritmos traídos de Irlanda, Escocia, Bretaña, Galicia e Asturias, con certas influencias do jazz.

    A xornada do sábado pecharase cunha nova sesión do Festival Oroso en Vivo. A partir das 22:30 horas, a alameda de Góis acollerá as actuacións das orquestras Marbella e Aché. A actuación incluirá unha tirada de fogos de artificio á medianoite.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook