Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Zas convértese na capital da música folk

    Zas 2011 - Festa da Carballeira - cartel

    Coma sempre, os carteis anunciadores da Festa da Carballeira de Zas son verdadeiras obras de arte

    O concello de Zas vai estar hoxe desbordado, e non de auga precisamente. Multitude de xente chegará de todos os puntos de Galicia para gozar un ano máis do seu festival folk, un dos máis importantes: hoxe é o día da Carballeira.

    Haberá que pagar 5 € para acceder ao incomparable marco no que se celebra cada ano o festival, e con artistas de renome como MUXAREGA (Galicia), KORRONTZI (Euskadi) ou FOUR MAN AND DOG (Irlanda) entre outros. Pero coa entrada os festeiros levarán para a casa un CD conmemorativo con dous temas de cada un dos participantes na festa.

    Un ano máis, Zas convértese por un día na capital da música folk co permiso de Pardiñas, a outra cita para hoxe e mañá.

    Toda a información na páxina web da Carballeira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook