Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 11
    Febrero
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    A 'caixa B' no Congreso do PP

    Para que a corrupción deixe de ser unha forma consentida de goberno, os grupos políticos teñen que deixar de disfrazar de presunción de inocencia os delitos cometidos polos seus membros, e en responsabilidade proceder en consecuencia.

    A 'caixa B' no Congreso do PPXusto en vésperas do Congreso do seu partido , mentres Rajoy relataba a súa insólita e fantástica versión da conversación mantida co seu homónimo da Casa Branca, a Fiscalía Anticorrupción, á vista das declaracións do imputado Correa ante o tribunal da Audiencia Nacional sobre comisións pagas por empresarios a cambio de adxudicacións de obra pública e o ganduxo das mesmas coa presunta 'contabilidade B' no Partido Popular, decidía solicitar a reapertura do procedemento para a práctica de novas dilixencias de investigación sobre o particular.


    É por iso que se o Presidente confiaba en gozar un 2017 exento de sobresaltos nunca máis lonxe da súa pretensión, pois os feitos referidos ademais de causar unha gran axitación mediática, veñen revelar que sobre a trama Gürtel falta moito por destapar, por mais ocultación que o PP faga desa rede de corrupción, que arraigando na súa sede central expandiuse por gran número dos seus gobernos autonómicos e municipais. ata o punto que a pesar das súas manobras de camuflaxes, por lazos de relación cos directos axuizados teña de responder xudicialmente como beneficiario dos delitos cometidos, e mesmamente agora, en coincidencia co Congreso Nacional a resurrección da caixa B ameace en pleno evento con enturbar aínda mais as removidas augas do seu financiamento.


    Ao fío dos feitos, a fiscalía parece percibir síntomas sólidos de verosimilitude no expresado polo 'capo' da trama corrupta, quen sostén, que Medio Ambiente e Fomento, adxudicaban as obras publicas ministeriais a construtoras como OHL, ACS, Dragados e Degremont, utilizando como único procedemento mecanismos de pillaxe, a cambio de que estas sufragasen os gastos das campañas electorais do PP, e iso, en tempos en que o actual Presidente do Executivo xa era membro do Consello de Ministros.


    É dicir, que segundo se desprende do actuado, durante o mandato de Aznar o amaño dos pregos de condicións , o fraccionamento dos contratos para non convocar concurso e a utilización versátil da figura do procedemento negociado, supliron a aplicación das determinacións establecidas para o efecto pola disciplina legal en materia de licitación , unha anómala forma de actuar que de ningún xeito sería posible de non mediar a permisiva complicidade de decenas de cargos públicos do Partido Popular. que non dubidaron en burlar os procedementos de libre concorrencia a cambio de comisións que en concepto de dádiva, a teor do revelado, acababan sufragando campañas electorais como tamén sendo repartido entre a cúpula do partido.

    A ninguén minimamente documentado debe sorprender esta relación de conivencia, pois non en balde, é de sobras coñecido que o PP chegou mesmo a crear e repartir 'powerpoint' entre os seus cargos públicos coa finalidade de instruírlles sobre financiamento ilegal, para así poder enmascarar gastos electorais sen que pasasen pola conta oficial da campaña e evitar así sospeitas do órgano fiscalizador; protocolos que foron utilizados durante o dilatado apoxeo da ‘trama Gürtel’, un explícito paradigma que vén delatar a baixa catadura moral de quen non reparan en actuar de avalistas da ilegalidade facendo seus idénticos hábitos que os utilizados polas bandas organizadas na comisión dos seus delitos.

    Pero o certo é que esa progresión de inmoralidade dual entre corruptor e corrupto asociada á función política, pola súa condición sistémica e estrutural, resulte pouco eficaz tentar combatela a través da exclusiva intervención do conduto xudicial, pois cando unha situación excedida de escala como resulta ser o caso, o tratamento da súa deriva esixe outras medidas paliativas que poñan remedio ao extravío, toda vez, que a simple aplicación do proceso penal resulta totalmente ineficaz para atallar os desmedidos niveis de transgresión.

    A tolerancia asentida durante anos fixo que a corrupción estea actualmente incrustada na medula do sistema e siga prodigándose a súa proliferación, como poñen de relevo as múltiples causas ilícitas e os numerosos suxeitos connotados con esferas da administración que pola súa relación coa contratación pública propician vulnerabilidade , ámbitos onde a xulgar polos feitos o actual marco xurídico resulta canto menos insuficiente, pois non resolve de ningún xeito as profusas deficiencias dos seus mecanismos de control.

    A 'caixa B' no Congreso do PPPor iso é polo que para eliminar a permanente corrupción política sexa obrigado o establecemento dunha función pública moito mais ríxida que a actual, que pasa forzosamente por impoñer como esixencia, que todo posto de responsabilidade na xestión de obras e servizos recaia exclusivamente en funcionarios públicos de carreira con plenas atribucións de control e fiscalización dos procedementos de contratación ; excluíndo para tal finalidade a contratados políticos e persoal de confianza polo alto risco da súa tendencia proclive a favorecer por dependencia a comisión do delito


    Dicir xa que logo, que mais alá do labor librado por xudicatura contra esta pandemia, as forzas políticas involucradas deben proceder vía emenda , por iso é polo que o PP pola inherente parte que lle toca debese aproveitar a oportunidade que lle brinda a celebración do seu Congreso Nacional para aprobar no súa clausura unha proposta de resolución nos devanditos termos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook