Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 22
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A epístola rexia

    A espontánea   epístola  do Rei é un discurso impropio, unha declaración descontextualizada que ao amparo dun simulacro de unidade, tenta uniformar responsabilidades sobre  a  grave situación que padece o  país.

    Representa ser   un desatino o desmedido fervor constitucional, esa defensa dos  valores patrios á vella usanza,  cuxos  titulares manteñen prórroga destacada  nos medios de comunicación, e todo,  como consecuencia    do conflito desatado pola manifesta vontade  secesionista catalá, que excepcionalmente  contou coa réplica  da propia casa real en papel  de destacado protagonismo, e coa directa   participación do monarca, quen ao amparo dunhas mal entendidas  competencias,  por medio  dunha  misiva,  para xeral coñecemento  manifesta con toda contundencia,  que o noso modelo de convivencia está ameazado.


    Insinuando no devandito texto,  que tal  circunstancia é un feito reflexo,  motivado pola  aspiración soberanista exteriorizada por un amplo sector da sociedade catalá, cando tal pretensión, é negada polo marco constitucional  español, que  efectivamente impide o dereito á autodeterminación das súas nacións sen estado.


    Quen optamos por  revalidar   o lexítimo dereito das comunidades históricas,  quen apostamos pola  diversidade, o pluralismo e  a liberdade dos pobos a decidir o seu futuro, podemos  considerar estratexicamente desacertado a elección do momento de consolidación reivindicativa  da iniciativa catalá, pero moito mais desafortunada haberá  de cualificarse  a inédita  intervención do Rei,  entrado a inmiscirse en funcións á marxe das conferidas institucionalmente   ao rol do seu cargo, pois en parte algunha o marco xurídico   outórgalle facultades para  expresar ou situarse sobre puntos de vista políticos, como resulta ser o implícito da súa controvertida carta que para maior abundamento   interfere  de modo  parcial por cando a súa publicación realízase sutilmente   días antes de que o Presidente da Generalitat, Artur Mas  reunírase con Rajoy, e tal circunstancia á parte da imperdoable intromisión  no debate político toma un cariz perigoso  para a imparcialidade da monarquía.


    A espontánea   epístola  do rei é un discurso impropio, unha declaración descontextualizada que ao amparo dun simulacro de unidade, tenta uniformar responsabilidades sobre  a  grave situación que padece o  país,  agrupando en idéntico contexto  a culpables  e  inocentes,  para así, diluír responsabilidades e camuflar dereitos constitucionais. 


    Por tanto o contido  da carta rexia apelando a non  perseguir  quimera nin alentar disensións, delata de xeito evidente que se trata  dunha operación coordinada, e mostra diso foi a testemuña tomada ao efecto polo presidente Rajoy no transcurso da sesión de control no Congreso dos Deputados, para advertir,  que ante calquera  intento secesionista faría  gardar acatamento á Constitución non dubidando en aplicar os seus artigos para salvagardar a indisoluble unidade da Nación e a solidariedade entre as súas autonomías.


    Táctica que por apropiado  deseño e  debida anticipación  creou un  ambiente  prexudicial aos intereses do  presidente  da Generalitat. Quen pola súa carencia de estratexia, de falta de reacción ao non darse por aludido, supúxolle unha infravaloración  que non só lle descolocou, senón que a falta de reacción debilitou ante os seus afíns a  conquistada  fortaleza das súas teses independentistas.


    É evidente  que o contido  desta  ciber - carta non ten nada de improvisado  nin tampouco se trata dun verso solto. Aquí a métrica e a ritma estan coordinadas  debidamente  entre os ámbitos cortesáns de Zarzuela     e Moncloa. Utilizando  como referente  estratéxico  a sempre receptiva  unidade de España, coa  mutua  finalidade de limpar imaxe. O Borbón faio para sacudir a  deterioración ocasionada  pola súa irresponsable cazaría de elefantes en Botswana, como tamén para  resarcirse  do  profundo desgaste causado á coroa por significados  membros da familia real. Rajoy  pola súa banda, aproveitando  a evidencia consultiva, utiliza a ocasión coa finalidade de promocionar   a súa publicación, e aproveitar idéntico referente  coa mesma finalidade,  e así, quitar presión á  súa caída de popularidade e frear  o importante retroceso no apoio cidadán, para salvar os mobles nas autonómicas de Galicia e país Vasco, e afrontar con vantaxe o posterior rescate e a complexidade dos  seus efectos derivados.

     

    Esas causas delatan   porqué  a matizada  misiva ten por única alusión de observancia ,  o  articulo 155 da  Constitución, relativo ás  medidas de forzosa aplicación a comunidades autónomas  hostís. E  pola contra,  esquece idéntica disciplina no tocante a outras  vulneracións do dereito, como son,  as relativas  ao  articulo 35 do dereito ao traballo, ou  ao artigo 47 do dereito á vivenda. Ou se cala  o agravio comparativo  que representa a excepcional  modificación do articulo 135,  para outorgar preferencia ao  pago da débeda, admitindo  que os mercados  financeiros aproveiten a crise para reorganizar a sociedade  a seu antollo. Por iso, por mais que prediquen, e por mil cartas máis que redacten, o sentir de nación non o cambiarán coa Constitución

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook