Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 02
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A INOCENCIA DOS CULPABLES

     Para analizar a complexidade de actual situación política do país,  non utilizarei a recorrente frase  de que calquera  tempo pasado foi mellor, pois sen matizar o seu contexto, córrese o risco de darlle rango de certeza  ao equívoco, por tanto,  esa locución é preferible deixala para outros, quizá, son vocábulos máis axustados a nostálxicos  de épocas idas, ou talvez, resulte apropiado como  mensaxe doutrinal dos novos cachorros do totalitarismo, pero a un demócrata que se prece, élle limitado   a  utilización   de semellante    expresión como argumento das súas censuras, pois de incorrer en tal extremo, tomaría como propio, o  risco de confundir o espírito crítico  co  sectarismo  máis rancio.

     

     

     No en tanto, por hixiene e funcionalidade democrática, sen perder a identidade, dunha vez por todas, habería  que tomar compromiso decidido co futuro,  a través de, solucións  efectivas dirixidas a saír do  grave aperto no  que está sumido o país; pero  aquí parece que ninguén está disposto a dar un paso á fronte, e os uns polos  outros, prefiren mirar para o outro lado, mentres se entreteñen   rascándolle as costas á memoria histórica , iso polo menos é o que se conclúe despois de analizar   o último debate do estado da nación da  presente lexislatura.

     

     

    Observando a pobreza de contidos dos oradores, a  vulgaridade intelectual  de quen interveñen instalados  na autoridade dun aparente  liderado, parece coma se ao desastre económico, acumuláseselle o  cómputo das insolvencias dunha clase política que á parte do seu descrédito xeneralizado, padece un exceso de permeabilidade  facendo auga polas catro esquinas.

     

     

    Iso é así, en razón a que a imaxe  proxectada en sede parlamentaria durante o transcurso do debate, máis que  fornecer  dose de confianza  aos cidadáns,  acentuou a resonancia da alarma social, indicando que este país  vive instalado na axitación  permanente,  dando unha imaxe de despreocupación, complementada  coa estendida opinión que aquí  xa nada funciona, e mentres este drama toma posición consolidada, súas  señorías despáchanse  falándonos   da inseminación artificial dos arcanxos.

     

     

    Como observadores externos deste  último debate lexislativo,  fomos testemuñas unha vez mais, do  asiduo  estancamento parlamentario, por canto  o transcurso do mesmo, caracterizouse  por unha  constante  ambigüidade, e total carencia de solucións alternativas aos grandes problemas que afectan  a nosa  estrutura socio económica, extremo este, que á parte dun descrédito institucional  denota unha total carencia de rumbo,  representando  ser o maior impedimento para recuperar a confianza perdida e poder mirar  o futuro  coa mínima esperanza.

     

     

    É evidente  que desde a súa institución, este tipo de debates parlamentarios, en situacións de estabilidade  sempre  resultaron  ser  meros referentes estatísticos determinantes da penetración social das organizacións políticas da cámara, pero nesta ocasión,  as  dramáticas  circunstancias que rodeaban o  debate, por imperativo de preocupación  e  exercicio de responsabilidade,  facían  esperar  un maior compromiso a través da proliferación  de iniciativas e propostas de resolución sobre os aspectos mais sensible  á caótica situación, pero quedou visto, que unha vez mais, a sensibilidade  brillou pola súa ausencia. 

     

     

    Parece que  súas señorías a pesar da complexa  deriva, non toman  responsabilidade dos seus  actos, decidindo nesta ocasión ,  desaproveitar unha  oportunidade excepcional, para sentar vía urxencia  as imprescindibles  bases de recuperación, e mentres o país  vén abaixo, a clase política, nun censurable exercicio de inmadurez  enceréllanse nun debate estéril, onde unha parte  sitúa  o seu empeño enfermizo en esgotar a lexislatura  e a outra

    aférrase en pedir eleccións canto antes.

     

     

    E mentres iso ocorre en sede parlamentaria, o desemprego alcanza máximos históricos,  bordeando a  fatídica cifra de cinco millóns de desempregados, o  investimento cae en picado sen que ninguén pareza  decidido  a crear riqueza dentro das nosas fronteiras, o peche patronal é unha constante sen suplencia, os mozos perden toda esperanza de atopar emprego.

     

    Definitivamente, vai sendo moita hora de darlle unha oportunidade á sensatez.

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook