Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 25
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A MALA REPUTACION

    A convocatoria anticipada de eleccións xerais, politicamente,  é un exercicio de responsabilidade, un proceder imperativo que sumado ao descrédito  que provoca a precariedade  do actual executivo, toma formato  de esixencia  imprescindible   para mudar o sombrío panorama económico do país.

     

    Resultaría unha insensatez seguir mantendo como obxectivo o esgotamento da temporalidade  da lexislatura, pois con tal determinación, máis que amparar o interese xeral, proclamaríase a  intencionalidade  en cuberto do PSOE, de prorrogar    os tempos,  por tácticas  partidista dirixidas a variar as tendencias electorais  e promocionar desde  o poder a imaxe do candidato Rubalcaba

     

     O actual descrédito  da  clase dirixente  adxudicado polos cidadáns a través dos  resultados do CIS,  é un demérito gañado a pulso, sendo o  asombroso do asunto, que os protagonistas, no canto de meter freo á deterioración, opten por facerse  o distraído coma se a censura social existente  fóselles allea, e así, con abraiante naturalidade manteñen en ascenso  a súa mala reputación. 

        

    Testemuño de tal valoración son as  circunstancias socioeconómicas que arrasan o país, concibida esta,  sobre o contraste analítico de que calquera crise económica, ten, dimensión  en escala  e continuidade no  tempo, que  agudiza ou alixeira, en función directa á ineficacia ou  ao prestixio da clase política interventora, e no caso presente á vista dos resultados, a cualificación que merecen os responsables en materia, é un reprobado  sen paliativos.

     

    Pero, se tal circunstancia  debese ser suxeito de reflexión, resulta que esta desvantaxe de alumnos da cousa pública, para maior complexidade parecen empeñados en non  tomar razón do contido da lección temática que sobre a adversidade  dos  novos tempos está a impartirse na  aula magna deste centro académico da crise que resulta ser o noso país.

     

    É conveniente rememorar o foro de opinións xurdidas na  antesala da crise, aquelas polémicas sobre a desaceleración do crecemento económico, ou as teorías posteriores enunciativas dunha grave recesión; pero o substantivo  daquelas conxecturas  de sospeitas abstractas e análises extravagantes, tomou unha deriva inusitada, cuxo resultado rompeu todo prognóstico, cando o modelo de mercado existente quedou excedido polos acontecementos  para dar entrada en escena, a un cambio do ciclo económico, podendo dicirse que na actualidade, atopámonos na fase mais baixa do devandito ciclo, sen que tal afirmación supoña ter tocado fondo.   

     

    As políticas gobernamentais aplicadas en períodos  anteriores, caracterizadas  polo estímulo de riscos desmesurados, foron os factores indutores e a orixe de confluencia  entre o  desequilibrios estruturais, ou o que é o mesmo, o crecemento desaforado de sectores estratéxicos (sector financeiro, sector de construción), e os desequilibrios macroeconómicos, que despois de acentuar a inflación derivaron a unha caída acelerada da actividade económica, cuxo expoñente característico se reflectiu a través dunhas taxas de crecemento  do PIB negativas, co factor inducido dun acelerado crecemento do desemprego.

     

     

    Este escenario  por se mesmo representa  ser un obstáculo para  establecer medidas eficaces de reactivación, e tal é así, que a pesar das disposicións de impulso adoptadas polo Goberno e o plan de severidade fiscal aplicado, a nosa economía permanece  estancada, sendo o motivo da freada, a improvisación e a insolvencia das formulacións, por canto téntanse introducir unilateralmente reformas estruturais, cando a solvencia de formulación pasa necesariamente pola concreción dun modelo económico de consenso.

     

    Por tanto, o que resulta oco de argumentación  é o empeño do executivo do estado en esgotar integralmente  a lexislatura, amparándose na porfiada  escusa de aprobar as reformas pendentes antes de convocar ás urnas, tendo en conta que tal  xustificación, resulta ser outro anel  máis desa longa cadea de contradicións políticas que o goberno  do presidente Zapatero leva arrastrando desde o inicio de lexislatura.

     

     

    A anticipación electoral é unha necesidade imperioso, a fórmula imprescindible para pór solución de urxencia á saída dunha crise económica de temporalidade excedida, e por conseguinte o método apropiado para erradicar o dilema institucional, que representa  o desencontro da bicefalia existente, que proxecta no executivo unha percepción de interinidade.

     

    Resulta pois inxustificable empeñarse en esgotar o período lexislativo, por canto tal obxectivo ademais dun despropósito xoga como factor negativo, ao exportar cara aos mercados a insolvencia que transfire o baleiro de liderado, que sumada á mala reputación, o único que achegaría, sería agravar a xa delicada conxuntura do país, contra un achegue en contrapartida, consistente na posta en marcha de medidas de maquillaxes mercantís e intervencións de cirurxía financeira de nula eficacia, extremo este que arroxaría un balance negativo ás expectativas  da nosa reactivación económica.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook