Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 26
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A VECIÑA DO PRIMEIRO

      Hai organizacións políticas cuxa  estabilidade interna equivale a un   estado de convulsión permanente,  e tras esa axitación, sempre asoma o afán de protagonismo e as miserias  persoais de quen pretenden substituír o interese xeral da cousa pública en prol  das vaidades duns líderes devaluados.

    Roíalle o xenio, pero en plena euforia  da campaña electoral resultaba altamente  arriscado, e sobre todo sería  pouco asumible polas bases do partido  que a infatigable "lideresa"  Esperanza Aguirre, marcase novo enredo  a través dalgún dos seus ataques característicos, pero  á condesa consorte, foille pouco o tempo postelectoral e cando por lóxica debese estar relaxada polo éxito alcanzado nas urnas pola súa formación política, a presidenta do PP de Madrid, patroa da planta primeira do número 13 da madrileña rúa de Génova, nunha  das súas frecuentes reaccións  con sinal de ovarios, con  argucia  incluída,  deu renda solta  á súa exaltada autoridade  e   sen contemplación eliminou do cargo a quen outrora fose  un dos máis directos   colaboradores   e até este mércores o  secretario xeral  dos populares da vila e corte, Francisco Granados .  

    Pero esta decisión non ten  que  considerarse como unha sorpresa inesperada, por canto, os desencontros entre ambos non son  cousa da actualidade máis recente, tendo en conta que  veñen precedidos dun paulatino afastamento  que se inicia cando gañadas as eleccións  autonómicas de 2011, a presidenta, prescinde  do seu servizo para funcións de goberno, decisión marcadamente  traumática para quen aspirando ás máis altas esferas,  vía vir  abaixo un exitoso historial político que durante   oito anos continuos labrara na cúpula do   executivo ostentando diversidade de carteiras   do goberno.

    O verdadeiro detonante da entrada en desgraza de Granados, foi a perda de confianza, que para a presidenta, representaba o feito que un incondicional histórico da súa órbita, intercambiase  o culto á súa persoa por unha  aproximación ás teses da dirección nacional do partido que lidera Mariano Rajoy. Isto resultaba ser unha afronta imperdoable para alguén que como  a mandataria madrileña, fundamenta a fidelidade política,  non na atención a asuncións ideolóxicas, senón  no acatamento disciplinario  ao seu ordeno mando e fago saber   que caracteriza  o seu exercicio de autoridade en correspondencia dun egocentrismo contraditorio, capaz de ampararse en xustificacións  de renovación do seu staff, mentres que ela,   atribúese rango de imprescindible por vida.

    Este reduto  dos conservadores de Madrid coa súa gobernanta á fronte,  pola súa proceder, formas e hábitos, representan ser  o expoñente mais duro e  arcaico da dereita española, co agravante de ter a gala tal condición, coa incongruencia engadida  de seguir reivindicando un papel de xerarquía representativa preferente,  sen asumir que   a nova realidade dos gobernos autonómicos  e os resultados electorais do 20N, dunha parte  variou os rangos de relevancia polo principio de paridade,  e doutra, determinou de forma  incontestable  o nivel xerárquico dos actuantes políticos onde a figura de Rajoy  é o referente.

    Parece que tras a curta temporalidade dunha atípica  calma  ameaza con desatarse unha nova tempestade "aguirreña", o que ocorre,  que agora a previsión dos seus prexuízos   son diametralmente opostos  aos de etapas anteriores,  pois os hipotéticos  referentes de afección enraizaron estabilidade,  e por tanto, fortalecido a súa firmeza, ameaza o efecto "bumerang" como risco resultante, que pode prexudicar en exclusiva,  á propia promotora e á súa contorna de colaboradores  de confianza.

    O cesamento de súpeto de Granados, contrariamente ao expresado pola artífice causante,  non é un exercicio de transformación  en razón a novos tempos e a unha  renovada situación política que demanda un envorque e un espírito de colaboración coa dirección nacional do partido, e o expoñente  de tal contradición,   represéntao, o nomeamento en substitución da vacante da secretaría xeral,  cuxa adxudicación recaeu no seu fiel escudeiro  Ignacio González, a quen a dirección nacional do PP non ve con bos ollos, e por tanto non resulta ser o expoñente máis idóneo para  establecer a propagada alianza . En todo este plan  da  "lideresa" madrileña albíscase unha estratexia  cuxa táctica ten por obxectivo pechar o acceso aos candidatos concorrentes  que tenten disputarlle    a súa continuidade como presidenta  do PP de Madrid cuxo congreso determinante se celebrará  no ano entrante .

    De calquera modo dona Esperanza debese ter presente  que xa pasaron aqueles tempos    que na sede de Génova bailábase o chotis en exclusiva, agora a danza atende  a un  folclore múltiple e variado.

     

    http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook