Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 26
    Agosto
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Ao PP ráscanlle as marchas

    O órdago do líder do PP en clave de confrontación,  instando a súa investidura sen condicións contra a ameaza dunhas terceiras eleccións, ademais dunha terxiversación interesada do procedemento  é unha reacción á desesperada á súa incapacidade  de lograr  a confianza do  Congreso para a súa investidura
     

    Ao PP ráscanlle as marchas

    Cando nun Estado como o noso  o saldo negativo das  contas públicas supera o valor da súa economía, non hai que ser ningún preclaro para presumir que o Goberno xerador de tal despropósito non é o apropiado para seguir conducindo a rendas do país, e se para maior abondamento contrastamos qued urante o seu mandato a débeda creceu de forma ininterrompida ata superar o 100% do PIB, entón, ante este pésimo record mais que despacharse con indirectas sobre o inoportuno da súa continuidade, o seu, é esixir  a substitución do Executivo de quenda, sobre todo cando a pesar de tan  nociva tendencia, o PP como directo artífice  da súa formación, non repara en proseguir co seu festival de falsidades e demagoxias  tentando vender un país  endebedado ata as cellas coma se tal lastre fóra en se mesmo todo un   triunfo.
     
    É por iso  que  a pesar da  delirante euforia do séquito de Rajoy, a realidade avaliada  en xustos termos  veña a confirmar que o resultado dos seus catro anos de políticas de austeridade  foron a causa  dun estrepitoso  fracaso  como vén  indicar a redución do crecemento e o emprego, a caída adicional das rendas das familias e o acrecentamento da pobreza e a desigualdade, é dicir, xusto a antítese do que precisaba o país.
     
    E iso é así de evidente, a pesar do papel propagandístico desempeñado polos establishments económicos, financeiros e mediáticos no  seu basto intento de publicitar unha realidade inversa coa maquinada intención de favorecer como inevitable a continuidade do Executivo conservador,  e por riba,  a prórroga  das políticas económicas, que á marxe de favorecer  os seus propios intereses, o impacto da súa repercusión  por tratarse  da reprodución dunha vía fracasada, mais alá que a solución de nada, convértese nunha recreación de mais do mesmo,  é dicir, nunha volta de porca ao recorte do gasto  e a mais austeridade.
     
    Un agravamento por tanto das políticas neoliberais  cuxa aplicación estanos retrotraendo a niveis dos anos corenta no que a pobreza e miseria refírese, ata o extremo de converter a España no país con maior desigualdade na repartición de ingresos de toda a Unión Europea.
     
    Unha situación de afundimento que esixe de inmediato a necesidade alternativa dun goberno de progreso capaz de imprimir un  cambio de orientación da política económica con aplicación de medidas paliativas aos problemas máis perentorios da maioría social, ao mesmo tempo de poñer andar ao país cara a unha senda de crecemento equilibrado e sustentable, sobre a base referente  da diversificación do modelo produtivo e a premisa  de lograr o fortalecemento do sector industrial e o aumento  do seu peso no PIB a par de mellorar a competitividade.
     
    Cambio que por razóns obvias, en correspondencia co determinado pola maioría electoral e en recoñecemento  ao feito diferenciador de combater  a ditadura,  ten de ser encomendado a organizacións políticas de connotativo signo transformador, para así poder compaxinar a confluencia de afinidade   das forzas de esquerda cos nacionalistas vascos e cataláns no marco dunha gran coalición de goberno capaz de relaxar as distintas sensibilidades dos actores e dar preferencia á saúde económica, política e social do país como principal referente do interese xeral  e única  posibilidade  de poñer fin ás devastadoras consecuencias da políticas de corte neoliberal  ao tempo de conxugar con solvencia  os desafíos do presente e os retos do futuro.
     
    Nada fai presaxiar que na actual conxuntura  o pacto entre  Cidadáns e o PP para a investidura de Rajoy, teña un percorrido distinto ao ocasionado polos  efectos repercutidos da  súa propia inviabilidade, pois ao fío dos feitos, difícil  van  ter ambos os herdeiros das dereitas que dominaron o aparello do estado ditatorial, como radicais defensores das contraproducentes políticas de austeridade, alcanzar anexións parlamentarias de referendo ao seu acordo  distintas ás súas propias, sen que tal errada eventualidade, presupoña de ningún xeito validar o órdago do Presidente en funcións ameazando coa celebración de novos comicios, cando tal circunstancia o único que produce en primeiro termo é  a extinción  do seu tempo político e  con iso o   nomeamento dun candidato alternativo.
     

    Ao PP ráscanlle as marchas

    Momento clave para erradicar definitivamente a pantasma dunhas novas eleccións, de forma que tomando a testemuña en atribución á situación creada, se procedera   a explorar sen exclusión, é dicir, facendo extensiva a negociación con nacionalistas e independentistas en aras a fraguar  un pacto de consenso entre forzas progresistas sobre a base  de superar cuantitativamente os  apoios parlamentarios acadados  polo tándem PP - Cidadáns, para deste xeito  coa plena lexitimidade  que outorga  o sumatorio da aritmética electoral poder constituír  o goberno de cambio e progresista que a situación require. 
     
    Oportunidade que suposto caso de ser desaproveitada, non só forzaría  a celebración dos terceiros comicios senón que ademais induciría  graves  consecuencias electorais  nos forxadores  de tal renuncia.

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook