Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 16
    Noviembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As empresas, única solución

     

    Débese  apear  dunha vez por sempre esa mentira  institucionalizada que lle atribúe aos políticos a creación de emprego e riqueza. Iso non o fixeron xamais; eles só poden estimular ou entorpecer a creación de emprego.   


    En beneficio do país, toda  medida  política dirixida a paliar  a crise, para que forneza efecto  é obrigada a súa desvinculación  co  actual estándar  de aplicación  e a súa substitución por un  novo modelo,  cuxa implantación sen remedio algún,  haberá de axustarse  estritamente á  disciplina promotora  da economía real. Iso é así  a pesar da   oratoria do presidente Rajoy, quen, aproveitando que o pasado día 14, España estaba pechada por folga, en réplica á contundente contestación social contra as súas políticas de austeridade,  nun  novo arrebato de absolutismo, manifestou que os seus remedios  son o  único camiño posible para garantir o futuro. Polo devandito,  o inquilino da Moncloa ademais  de tomarnos a carteira, agora vén disposto a tomarnos o pelo.

     

     

    Ao parecer  os integrantes da xefatura do PP, que como  oposición acusaron o goberno do PSOE de ser o azoute do país, agora investidos os papeis, cando  por alternancia  ostentan o  executivo do Estado, demostran sen esforzo, o seu maior grao de deficiencia  ao  superar con fartura  os disparates  que en política  económica  causaran  os seus  antecesores no cargo. E así, cando están en vésperas dun ano de mandato, o seu xefe de filas,  aínda non foi capaz de decatarse  que o enfraquecemento da actividade económica que estamos a soportar  repercute na desaparición de empresas, e o que é aínda peor, na  destrución continuada de postos de traballo, sen caer na conta que coas súas políticas  de extremado  axustes está  a impedir  acender o motor empresarial,   insubstituíble para pasar da recesión ao crecemento.

     

    Para analizar a fiabilidade  política ante  a crise, debemos  saber que as dúas forzas que por sucesión ostentan  o poder  executivo,  en alianza cos mercados financeiros, foron indivisos responsables da depresión que sofre a  estrutura produtiva do país.  Pois ao primeiro de vez,  cando se iniciou a crise e  a crecente perda dos ingresos públicos disparou  o endebedamento da Administración, os agudos dirixentes, non repararon en atribuírse condición  preferente, en acudir  á  banca,  para, en primeiro termo paliar  os seus desequilibrios orzamentarios e financeiros, aínda sabendo que o esaxerado monto da operación  traería como consecuencia  a desaparición  do crédito para as empresas. É dicir,  ex profeso  foron estes partidos  políticos quen transversalmente cortaron a subministración de carburante ao aparello   propulsor   da  economía  real.

     

    En razón a iso,  por máis ostentación de capacidade  resolutiva  que pregoe o presidente do goberno afirmando ter o  bálsamo da crise, o certo  é  que  cos seus actos, o que si demostra, é  ter  escaso talento e total falta de visión. Non se pode describir doutro xeito  a quen se nega  a combinar a política do crecemento coa estabilidade fiscal, utilizando por todo remedio  o recorte do  gasto público e o incremento da presión impositiva, un contrasenso co que só  logrará incrementar o déficit e frear  os cambios estruturais substitutivos, imprescindibles  para iniciar  unha reactivación económica sustentable.

     

    A fortaleza económica dun país  reside na  súa capacidade  de crear riqueza, sendo notorio que no noso,   a clase política conxuntamente  co gremio bancario  son a cara oposta a esta tendencia. Eles como  auténticos promotores  da crise  nunca serán o factor dinámico do cambio necesario.   A clave  da futura economía radica na fortaleza  do tecido empresarial;  por tanto, son  as empresas e a súa  masa laboral produtiva os  únicos resortes capaces  de pór  solución ao crecemento e á cohesión económica, e nesa liña hase de rexeitar a demagoxia dos políticos ofrecéndose  como redentores dos males que ironicamente  eles mesmos causaron.

     

    Débese  apear  dunha vez por sempre esa mentira  institucionalizada que lle atribúe aos políticos a creación de emprego e riqueza. Iso non o fixeron xamais; eles só poden estimular ou entorpecer a creación de emprego,   e actualmente Rajoy coa  súa inconveniente  política económica vai  camiño de destruír mais emprego que a mesma crise, por canto  o seu  acoso impositivo  e o déficit persistente de crecemento, están a intensificar a destrución masiva do tecido produtivo, especialmente  dentro do compartimento empresarial das pequenas e medianas empresas (Pemes), que noutrora foron xeradoras do 90 por cento dos empregos do país.

     

    Nesta contorna de hostilidade, os empresarios suxeitos de afección, non deben seguir  planificando o seu futuro mercantil sobre a  incerteza dun mal facer político, nin as súas decisións poden ser tomadas  a expensas de arriscadas  intuicións, nin tampouco deben admitir  que   a imprevisión política  abóquelles ao peche ou á quebra traumática.  O seu papel esencial na economía do país é innegable e iso é razón suficiente   para que  tiren da coraxe e a forza de animo, esixindo  concorrencia  nesa  planificación precisa  na que eles son chamados  a interpretar o papel protagonista.


     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook