Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 15
    Abril
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    As liñas vermellas do patriotismo

    As "liñas vermellas" que os seus artífices prohiben traspasar, son a argucia coercitiva que  á marxe  da vontade  popular utilizan  os falsos patriotas e redomados constitucionalistas  como tapadeira, coa finalidade de garantir que  todo siga igual. 

    As liñas vermellas do patriotismoAínda que todo o bolxevique resúltalles urticante, paradoxalmente a súa propensión polo vermello chega ata o desenfreo, iso si,  só cando o guión dos seus intereses así o esixe, que é xusto  o momento en que tirando de brocha   gorda establecen  "liñas vermellas" a eito ao só obxecto de obstaculizar todo aquilo que xogue na  contra do seu propio status. 

    Estraña forma de entender a política  revestindo de tabú o que  en san exercicio democrático debese resolverse  a través das urnas.

    Esa obstinación por ampliar  o marco do prohibido chega a extremos de rozar o   surrealismo, como ocorre,  cando  desde  a política utilízase de forma recorrente o constitucionalismo  e o patriotismo ao só  efecto de rebaixar   a mínimos  dereitos e liberdades.

    Toda unha ironía, ao ver  como os paladíns  de tan teóricos valores, condescenden, cando é a economía  quen  determina en última instancia, pois cando isto ocorre  e son os mercados quen toma o mando, ese marco de esixencia  queda relegado ao ostracismo e excédese todo límite,  como poñen de relevo  as medidas levadas a termo desde ese mando real que ademais de subtraer dereitos fundamentais, condúcese  coma referente  da degradación social e moral  que  vive a Unión Europea con aquiescencia xeneralizada dunha clase  política abominada .

    Sendo por iso  que mentres  o obxectivo  dos   partidos políticos  non mude de finalidade e póñanse  ao servizo da cidadanía,  nula xustificación  terá a súa existencia,   e ningún soporte   a continuidade duns adversos políticos, que en funcións  de liderado, en 30 anos, non foron quen  de facer nada positivo polo país e as súas xentes,   mais alá de reducir a mínimos a súa calidade democrática  con alardes  de patriotismo  verbalistas e  entoación de himnos de vangloria enxalzando aos que a cotío atentan contra a nosa soberanía e sómennos no "austericidio".

    Unha mostra mais  de degradación política, usando  a    estrutura institucional en detrimento do benestar colectivo, e así,  tras o fariseísmo do seu amor á patria defender solapadamente  o poder dos grupos dominantes na esfera financeira e económica.

    Cando o benestar da maioría da poboación non conta á hora de definir   o patriotismo como concepto,   entón, hase de sospeitar que está a ser  utilizado a propio intento para confundir os intereses xerais  en beneficio  dun  sector minoritario da poboación,  e tal circunstancia vén indicar que   a clase política de sempre , lonxe de defender unha comunidade xusta onde impere a igualdade de oportunidades, ten renunciado a todo código ético  apostando pola continuidade de manterse  indiferente ante a crecente deterioración  social.

    ara así mudar  o fundamento constitucional de referencia,  ao só obxecto  de que a soberanía nacional  deixe de residir no  pobo e que en substitución  sexan os grupos de presión  quen tome o mando efectivo  e as directrices de goberno como verdadeiro poder; actitude que polas súas connotacións   evidencia  que salvo concretas excepcións os nosos políticos por mais predicamento que proclamen. distan moito de ser patriotas, e iso é así porque o delata a súa conduta.

    Mais que noutra actividade, na función política o grao de credibilidade é necesario que manteña  relación directa co resultado  dos   nosos propios actos, ue por aquilo da consecuencia, deben sustentar  coherencia entre o que dicimos e o  que facemos, para así, non incorrer no antagonismo    de pasar   a defender o que antes denunciábamos.

    Se así se procedese, esas   "liñas vermellas" de impedimento e prurito partidista, mais alá de poñer  a súa énfase  como pedigrí  dun mal entendido constitucionalismo e  bandeira dunha ficticia   unidade de estado,  mais alá de tales citas, a dimensión do  seu alcance debese prohibir a insolente intromisión dos mercados financeiros en cuestións soberanas de España,  e impedir do mesmo xeito as graves manobras conspirativas  contra a   coalición PSOE-PODEMOS-EU, pola  súa condición  de manipulación da vontade popular e directo atentado contra a  propia democracia.

    As liñas vermellas do patriotismoPero a xulgar polos feitos,  a verdadeira  finalidade  desas "liñas vermellas" pouco ou nadateñen  que ver  cos fundamentos que sustentan o  Estado de Dereito,  pois a súa fixación  é un mero distintivo de contraste  e identificación política  e feitas por tanto para ser transgredidas en función  á esixencia e conxuntura de cada momento.

    Se a estabilidade fose outra,  non estariamos en risco  de ser vítimas dunha subversión de valores, e o marco constitucional  de referencia comportaríase realmente como un referente de garantías, sen posibilitar como é o caso a súa conversión en papel mollado. 

    Nin  por tanto  daría pé a traer    a colación a Óscar Wilde para confirmar que neste caso,  o patriotismo é a virtude dos depravados

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook