Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 25
    Noviembre
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    As pensións en fase terminal

    Mais alá  de conxectura  e absurdos protagonismos políticos , tense de asumir  que sen a participación  activa  do colectivo empresarial  non existe posibilidade algunha de crear emprego,  como tampouco, garantía de continuidade do réxime de pensións

     As pensións en fase terminal

    A alarma xerada pola paulatina descapitalización da Seguridade Social, por causa  do desfasamento entre ingresos e gastos que motiva a carencia de cotización  como consecuencia do disparatado índice  de paro,  e o factor engadido  de estar a tirar do Fondo de Reserva -a chamada "hucha" das pensións- de forma continuada; son entre outros os dous aspectos mais relevantes que polo seu negativo impacto, veñen confirmar que se a situación non  varía, continuaremos circulando a toda velocidade   cara ao desmantelamento do sistema público de pensións. Sendo  ese o fatal  desenlace de seguir o ritmo actual, é dicir, de continuar  colocando o xa exiguo remanente do  Fondo  en débeda pública xenuína  de nulo rendemento, e prorrogando  o estancamento da xeración de emprego.

    Pero entre ambos os aspectos cabe dicir que a sustentabilidade e suficiencia do sistema reside sobre maneira na creación de emprego, un labor de imposible consecución en tanto non se poña fin á mal denominada  "austeridade expansiva", e óptese alternativamente por políticas de crecemento efectivo e de transformación da nosa estrutura produtiva. Pois sen suavizar a rixidez das medidas que veñen aplicando,  todo intento de dinamizar o mercado laboral  será un feito baldío, tendo en conta que un estado de debilidade do crecemento económico como o presente, o resultado alcanzado non será outro que o ata agora obtido,  e cuxa plasmación   contra  todo alarde de optimismo, reflicte fielmente  os  2,6 millóns de ocupados menos que en 2008, unha taxa de paro superior  ao 21%  e a situación dun   30% da poboación incursa  en risco de pobreza e exclusión social.

    Para  articular  solucións á situación  e saber  cara a onde nos diriximos hai que diagnosticar o problema,  remitíndonos á orixe  da crise financeira global na que seguimos sumidos, para  dar por sentado  que a súa  motivación  foi causada polos efectos da  posta en práctica  dunha doutrina política específica, que non foi outra que o dogma neoliberal, que como raizame do conflito ten de  resultar excluído como vía de solución. Por canto ao priorizar a consecución de beneficios sobre calquera outro aspecto e subordinar a esta finalidade a  creación  de emprego, é por iso que a súa aplicación conduza inevitablemente a consumación  dun  estado de precariedade do mercado laboral, onde ademais de non crearse emprego estable, o escasamente xerado  ademais de ser  de baixa calidade, é utilizado en substitución do existente en condicións de maior inseguridade  e reducida  remuneración.

    Por iso é polo que sen poñer mesura ao radicalismo dos recortes e abandonar definitivamente a austeridade, será infrutuoso todo intento de rebaixar o índice de desemprego así como  os niveis de desigualdade, como  inviable por tanto  a transformación da economía, e moito mais dificultoso, se para maior complexidade téntase lograr tal finalidade sen contar coa  participación activa e comprometida do mundo empresarial, pois contra toda primacía  política, resultaría unha falacia viabilizar calquera intento de reactivación á marxe deste colectivo. Tendo en conta que  deixando a salvo a excepción do ámbito funcionarial, non é o político quen realmente crea emprego por ser función atribuída aos  profesionais autónomos e resto  do mundo empresarial, quen como motores da dinamización da  actividade económica e a xeración de emprego teñen   conferida  función protagonista  no que a este ámbito compete.

    Por iso é polo que por mais suplantación de competencias  que o Executivo se arrogue, os feitos  veñen demostrar  que  non é o  Consello de Ministros  o referente de xeración de emprego,   senón as empresas e os  empresarios; pero para que  o papel dos axentes empresariais poida levar a termo de forma efectiva, as medidas políticas de acompañamento teñen   de estar  dirixidas a reavivar a economía, obxectivo que non se logra con imperativos  de austeridade extrema   ou coa  obstrución  das  fontes de financiamento,  por canto tales prácticas, intensifican a caída da actividade económica repercutindo  negativamente no comportamento do mercado laboral, aspectos  que ademais de disparar   o  índice de desemprego acrecentan a   volatilidade da  taxa de paro.

    Xa que logo, para reorientar as políticas de emprego é ineludible  un cambio de enfoque, unha mudanza  de perspectiva que pasa por tomar   razón fidedigna da realidade, por asumir  que desde a aparición da  crise económica foron máis de duascentas trinta mil empresas as que se viron obrigadas a botar o ferrollo á súa actividade. Todo un estrago na estrutura  produtiva, que  maiormente,    veu provocada polas sucesivas  medidas de austeridade impostas desde o Goberno coa escusa de adelgazar o déficit público e reactivar a economía, pero que por incompatible    finalidade  de postulados forneceu  o efecto contrario provocando unha parálise no  crecemento; arrevesada reacción, que ademais de socavar os alicerces do tecido produtivo  incrementou aínda máis o xa elevado nivel de desemprego

     As pensións en fase terminal

    En razón a tales circunstancias, resulta  irrefutable concluír  afirmando que a complexidade da situación é consecuencia directa dunha maneira equívoca de concibir o desenvolvemento económico,  e que de persistir na tónica actual, a falta de solucións ademais de impedir a reactivación dará ao traste coa  continuidade  do actual sistema público de pensións.  

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook