Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 20
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    BANCA PÚBLICA XA!

     No noso país,  a  clase política está afeita  á interpretación  dunha cantiga    recorrente, que utilizan cada vez que  toca evadir   responsabilidades sobre  a xénese  da crise, pero nos últimos tempos, polo baleiro do seu contido, excesiva  iteración e ateigada  monotonía,  o  son   desa  cantilena ademais  de non resultar pegadizo, pinta lonxe da  harmonía.   

    Deberan saber que na composición do desconcerto económico, non tería de  utilizarse exclusivamente as notas discordantes da globalización  e a inestabilidade dos mercados, pois aínda tendo xustificada cabida no pentagrama das motivacións, a partitura  queda incompleta en tanto non se inclúa  na mesma a indolencia política,   en razón  á pasividade  por  marcar  compás na ofensiva contra  a crise , mentres  deixan   que os mercados circulen ao seu libre albedrío.

    Parece coma si  en pleno século XXI volvésemos ao omnipotencia   a través dunha reprodución  histórica da  alta idade media e da translación do feudalismo imperante naquela época do medievo.

     Ocorre, que nesta repetición escénica,  os actuantes  mudan súa función representativa, e así,  o señor  que naquel tempo era o dono do castelo,  hoxe ven de ser o  propietario dunha  entidade bancaria   e, o vasallo,   que daquela   ademais  de render submisión, custodiaba e defendía  os intereses do xefe feudal,  agora, nesta versión actualizada, no seu novo status figura revestido  de atribucións e cargo político, aínda que, en lugar de procurar correccións ao sistema,  seu labor no substancial  non difire do pasado,  por canto,  prevalecen na súas prácticas  equivalencias de  idéntica finalidade,  sendo os    rescates e o  patrocinio  das  cruzadas de novo cuño, obxectivos satisfeitos ao antollo da hoxe  todopoderosa aristocracia financeira .

    Á marxe de  semellanzas máis ou menos afortunadas,  o  que resulta incontestables é que o guión da  inestabilidade e o desconcerto ten uns autores específicos e, por derivación  uns responsables determinados; folga por tanto  a  tendencia  ao  extravío, o facer táboa rasa e  emparellar sacrificios por   excesos cometidos, pois non é de recibo tal xeneralidade cando   non toda a sociedade ten  vivido por encima das súas posibilidades.

    A planificación  e  desenvolvemento do noso  modelo produtivo e de crecemento fallou  aparatosamente, resultando, que as fórmulas   indutoras  do milagre español de outrora, convertéronse en patróns obsoletos e inservibles  de nula eficacia como método de reactivación do sistema; e a pesar diso, a clase política no canto de apostar por cambios de radical transformación,  segue circunscribindo as solucións  de futuro á  inutilidade do anticuado.

    É unha evidencia que calquera reiteración do actuado, para nada resultará ser  o método apropiado no establecemento  da evolución que demanda o  cambio de ciclo económico,  toda  alternativa para a súa eficacia,  ten de representar unha mudanza  radical, que mantendo  a esencia do modelo de libre mercado como patrón de referencia, promova unha  reformulación da  súa operativa funcional como solución impulsora dun  novo modelo produtivo, que,  afianzado na diversificación sectorial e na  sustentabilidade, garanta un desenvolvemento permanente e un emprego estable.

    Non sendo  labor da clase política a creación de emprego, si o é, a posta en práctica de escenarios  que posibiliten a xeración de condicións  de estabilidade e oportunidade, para que os  axentes empresariais, dinamicen o sistema produtivo e propicien a creación de emprego, resultando elemental confirmar que unha das claves desta concepción executiva, vira ao redor   do  acceso aos medios financeiros, e esta circunstancia  representa  ser o gran dilema, por canto, a crise  puxo de manifesto o fracaso dos mercados e dos bancos privados como motores financeiros das actividades produtivas.

    Non haberá de esquecerse que a pesares  do  descomunal índice de desemprego, a inactividade obrigada  dos autónomos e os  peches forzados  de pequenas e medianas empresas, as entidades  financeiras seguen  impasibles a esta realidade, e nun  alarde de insolidariedade e avaricia, deciden   que os fluxos monetarios que  entran nas súas arcas procedentes do BCE, en vez de destínalos  ao investimento produtivo, dedíquense á adquisición especulativa de débeda pública dada a súa condición de menor risco e maior rendibilidade.

    A persistencia deste problema de financiamento, converte en inviable calquera alternativa de reactivación económica prevista, pero tamén, pon ao descuberto  a hostilidade  da banca privada  que despois de acollerse ás facilidades outorgadas polo estado no proceso do rescate bancario, agora  cos seus feitos, manifestan súa negativa a arrimar o ombreiro  para quitar ao país das dificultades, e ante esta insensatez mercantil,  a clase política debe abandonar a  anuencia, e  en atribución á competencias que lle son propias  reaccionar en consecuencia, instaurando de xeito decidido, como solución alternativa  unha banca pública que supla a actual  carencia de financiamento que a banca privada ten imposto as   familias e as PYMES. Sen dúbida que a aceptación ou rexeitamento  desta formulación virá dicir aos electores, a quen defende  a clase política.

     http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook