Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 06
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Democracia en clave subvertida

     Aquí non caben mais enganos, pois o certo é, que a quebra do noso modelo de convivencia non obedece a unha situación accidental, tendo de  afirmarse que os acontecementos do último bienio, atenden a unha estratexia exhaustivamente planificada.


    O esforzo dos integrantes da cúpula do PP por esfumar evidencias da súa degradación, é múltiple e variado, e así por análoga tendencia, tanto pódeselles relacionar cunha interesada manipulación de equipos informáticos para entorpecer a acción da xustiza, como maquillando o trasfondo da súa verdadeira condición política para proseguir a súa fraude sistemática e vender como boa á cidadanía o produto dunha falsa realidade.


    Toda unha plasmación do expresado por Aldo Pellegrini, cando afirmaba, que os escasos de razón viven nun mundo falso e artificial, baseado no poder que poden exercer sobre os demais.

    Encaixe de identidade adaptable neste caso a quen carentes de ética e de hábitos democráticos chegan a ostentar a dirección de goberno, e por condición reflexa transgriden o réxime de dereitos e liberdades, dando paso a un estado de absolutismo dominado polos desmandos, os abusos de autoridade e a corrupción, é dicir, o statu quo que identifica o exacto proceder do actual Executivo conservador.


    Con tales extravíos é doadamente deducible que as malas prácticas impóñanse ao cumprimento da norma e fagan subverter o funcionamento do sistema democrático.

    De aí, que aínda que legalmente o Partido Popular dispoña do respaldo dos comicios, non ostente lexitimidade ningunha como posuidor da maioría parlamentaria e a titularidade do Executivo, por canto, para a súa consecución, a soberanía popular como plasmación da vontade dos electores foi ninguneada a través dunha tendenciosa campaña electoral, caracterizada por arbitrarias promesas con profusión de falsidades e mentiras, manobra, cuxa deriva trouxo consigo o total incumprimento dos compromisos contraídos cos electores.


    Dinámica desprovista de toda ética, propia dos adictos á mentira e habitual en quen nin sente estima, nin o mínimo respecto pola democracia, daqueles que non reparan en traizoar a confianza dos electores, ao só obxecto, de satisfacer como única meta a súa desmedida ambición por instalarse no poder.


    Por iso que despois do acontecido nos últimos comicios, visto o xiro dado polo PP ao seu programa electoral non debe caber a mínima tolerancia, sendo obrigado proceder en consecuencia para denunciar sen mais paliativos que a acción de goberno que vén despregando o actual Executivo, por incumprimento continuado de contidos ten de outorgárselle o cualificativo de fraude democrática.

    Epíteto empeorado por ulteriores manifestacións do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, quen despois de recoñecer o incumprimento das súas promesas electorais, nun intento de xustificar o inxustificable, afirmaba ter cumprido co seu deber", toda unha metida de pata que lonxe de ser un argumento de defensa, delata o seu total desprezo pola democracia, cuxa esencia reside precisamente en todo o contrario, é dicir, en gardar disciplina ás leis e regras do xogo desbotando toda transgresión de norma ou acción que implique a violación do sistema como agora está a acontecer.


    Aquí non caben mais enganos, pois o certo é, que a quebra do noso modelo de convivencia non obedece a unha situación accidental, debendo afirmarse que os acontecementos do último bienio, atenden a unha estratexia exhaustivamente planificada, mostra diso é o feito que dende a chegada ao poder do PP, a crise económica viuse agravada por unha crise social crecente e unha gradual deterioración democrática, e todo, como consecuencia do "contrabando electoral" instaurado ao seu antollo polo grupo conservador, unha práctica consistente en utilizar sutilmente a vontade popular e tras a súa manipulación dar o cambiazo con intención oposta, tal é poñer o sufraxio popular a libre disposición e defensa do evanxeo que predican os mercados financeiros e  tamén  coa finalidade de converter a democracia nun referente testemuñal reducido á mínima expresión.


    O futuro do país non pode estar en mans de quen utilizaron a forza das urnas para facer o inverso do que ofreceron; non pode recaer tampouco nunha organización política que apesta a corrupción, sendo de urxencia capital afrontar unha profunda rexeneración da clase política, poñendo á fronte e en substitución persoas moral e profesionalmente preparadas, capaces de afrontar os novos retos que esixe a renovación da vida pública e política, xerando así, un novo estilo onde a conexión entre gobernantes e gobernados volva ser a clave de referencia.


    Urxencia incontestable, pois coa degradación política que adoece o PP, nesta conxuntura, antóllase inútil toda vía do rexurdimento.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook