Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 30
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    DINASTÍA SUBVERTIDA

      Establecer uniformidade   de políticas  financeiras  entre estados que manteñen  realidades socio económicas opostas, ademais dun feito incongruente supón establecer  unha disciplina entre comitivas  de distinta talla  que por mais instrución que practiquen, entre si, sempre   desfilarán  co paso cambiado. e esa é a  realidade que se nega  asumir a ex  burguesía,  que actualmente, en calidade de dinastía  subvertida, é quen   ostenta o control supremo e o dominio absoluto  dos mercados.

    Coloquialmente , cando  traemos a colación o debate sobre   a paternidade da "crise prol lobbies", sen moita precisión, somos dados a enarborar  o asistido apelativo dos mercados  como indicación causante, sen caer na conta, que  con esa  expresión xenérica  non facemos máis que  apadriñar a ambigüidade, limitando con iso    noso parecer   ao ámbito da  abstracción. É coma se por  semellanza, á man que arrola o berce  do   caos  económico, désesenos por adxudicarlle  un   perpetuum mobile sen relación  de impulsión debida.

    A denominada  crise económica é algo máis que todo iso, por canto, estamos ante unha mutación do sistema que en balde nos empeñamos  en rescatar  cando as  consecuencias do  seu declive  fan deducir que a aposta polo  seu recobro   é un exercicio de autoengano.  Temos de asumir dunha vez por todas, que a economía entrou nun cambio de ciclo como consecuencia da morte súbita  do modelo  precedente afectado polo  contaxio dunha  globalización devastadora  que deu ao traste coa estabilidade  da estrutura produtiva,  que a pesar dos  seus defectos, até o ano 2007 e durante medio século,   mantivera unha constante  no crecemento  dos estándares de riqueza e emprego.

    Pero ademais do devandito factor económico,  o curso dos acontecementos vén acompañado dunha paulatina desvalorización  da  sociedade de masas  como orde social máis compartida,   e así,   aquela clase media ou pequena burguesía que en épocas  pasadas  fose matriz e   referente  dinamizador  da economía produtiva, extingue a súa significada hexemonía de outrora, ante a presión dominante  da economía especulativa, conquistada e organizada pola  descendencia orixinaria da burguesía revolucionaria, hoxe día transformada nunha irrecoñecible  elite conservadora , que para maior precisión, despuntan por ser os verdadeiros artífices, os  responsables directos  da actual "crise prol lobbies", ou o que resulta máis significativo, os auténticos axitadores dos mercados e por conseguinte os comprobados  artífices  desta crise de deseño.

    É por iso, que se pode afirmar sen risco  de réplica,  que  actualmente, a dinastía burguesa ten subvertida a súa traxectoria  como vangarda, cancelando o vínculo histórico de tendencia    progresista  para tomar a dirección contraria  e consolidar un sistema inverso, cuxo obxectivo preferente é  fortalecer un modelo político - social no que "as súas" vantaxes e privilexios   tomen  papel dominante, aínda que as consecuencias da súa aplicación   xeren  a  quebra do estado de dereito  e desbaraten a estrutura dos logros  sociais consolidados.

    Nesa liña, transcende como amoral a efectos económicos, facer extensivo o consumo  da droga do crédito como referente se saúde financeira,  para  unha vez contraído o hábito, forzar  dos dependentes unhas  condicións  de consumo  arbitrarias, fundamentadas en premisas de obrigación preferente e unha acurtada temporalidade de vencimento.

    Nesta  primeira década do século XXI, Europa esta inmersa  nunha hecatombe  sen precedentes, cuxo desencadenamento non foi  outro que  a metamorfose da súa estrutura dirixente que transformou,   á súa curtida clase  burguesa  en cobizosos lobbies de presión, cuxas lamentables  consecuencia foron  a perdida de forza  propulsora da economía  produtiva  en contrapartida á  absurda primacía  da economía especulativa.

    Nun afán  de dominio global, neste novo escenario  os grupos de presión non se conforman  coa utilización de resortes de influencia sobre os poderes executivos dos estados, senón que apostan directamente    pola toma do poder político garantíndose   a  inclusión dos seus expertos  financeiros  dentro dos executivos  como fórmula de imposición das políticas socio económicas e  a práctica   fiscalizadora do control de goberno.

    No entanto, por máis empeño  que esta elite  mercantil poña na defensa  dun modelo económico  soportado no contrabando financeiro, os prexuízos derivados da súa aplicación  serán o detonante  que interrompa  a súa  vixencia, pois non  resulta defendible  utilizar  teorías arcaicas como solución  de arranque     dos sectores produtivos e por derivación da xeración de emprego,  aspectos claves e incuestionables  para pór sensatez ao cada vez mais urxente e necesario impulso  dinamizador   dunha economía estable e compensada.

     http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook