Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 27
    Octubre
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    E Ramón Souto, exhalou un suspiro

    Dedícollo, a todos os que en Fene votan pola esquerda

     Aos tránsfugas que se autoproclaman de esquerdas en Fene, non lles pareceu preocupar o mais mínimo que no debate da súa compartida Moción de Censura co PP, a memoria do Alcalde fusilado no 36 estivese presente no hemiciclo.

    E Ramón Souto, exhalou un suspiroSon as 12 da mañá e o salón de plenos do concello de Fene está a rebordar, os asistentes acoden en masa para ser testemuñas presenciais do desenvolvemento dunha sesión histórica do extraordinario pleno municipal, onde o único punto da orde do día somete a debate e a aprobación da corporación a moción de censura interposta desde as filas de PP co apoio tránsfuga de dous concelleiros, que aliñados á esquerda nos comicios prestan agora o seu apoio á dereita co ánimo de derrocar á coalición de goberno conformada por EU e BNG, e a saber que outras cousas mais.

    Chéirase tensión no ambiente, as murmuracións e comentarios non apagan a percepción de disidencia entre os seguidores dos dous bandos en contenda.

    Os promotores da Moción xa nos seus escanos, sorrín e fanse chiscadelas de complicidade coma se anticipadamente celebrasen un positivo desenlace do seu obxectivo. A impaciencia vai en aumento ante a ausencia dos concelleiros do grupo de Goberno que a tres minutos da hora de inicio seguen sen facer acto de presenza

    Na parede oposta á Presidencia do Pleno, enmarcados, penden os retratos dos anteriores alcaldes da Corporación, entre eles o do fusilado Ramón Souto, de cuxos ollos parece brotar unha bágoa furtiva ao verse obrigado “ in memoriam” a ser espectador da maior indecencia política cometida por un sector da “esquerda” fenesa, nin mais nin menos que a mesma "esquerda", que meses atrás conducía unha Moción para honrar a súa memoria como vítima do golpe de estado do 18 de Xullo do 36

    E Ramón Souto, exhalou un suspiroUn recoñecemento do que agora desertan ao actuar como sustentáculo do PP, deses mesmos que se negan a reprobar as dexeneradas accións dos seus executores; pois non temos de esquecer que corenta e un anos despois, o partido que se deitou franquista e espertouse demócrata, segue sen condenar en firme a ditadura, como tampouco reprobar os excesos cometidos polo desalmado xeneraliño de Ferrol.

    Sácame da meditación un sonoro e pechado aplauso co que a maioría dos presente saúda a entrada no salón do Alcalde e a súa equipa de Goberno, ovación que non só indica a correlación de simpatizantes entre os bandos senón que tamén anuncia o inicio da sesión.

    Os prolegómenos da mesma discorren de forma regrada sen que en ningún momento a sesión sexa perturbada nin obstaculizada, sendo a Secretaria Xeral do Concello quen despois de facer referencia ao marco legal de aplicación, dá lectura ao texto integro da Moción de Censura , unha exposición que en todo momento foi receptada en un clima de moderación e coa atención do público asistente, salvo puntuais voces discordantes

    Conforme ás determinacións do marco legal anteriormente referida pola funcionaria procédese a constituír o Pleno baixo a presidencia dunha Mesa de Idade, integrada polos concelleiros de maior e menor idade dos presentes, función que vén recaer en dúas concelleiras de signo oposto BNG e PP, sendo a representante do grupo nacionalista quen asume a función de Presidencia en razón á súa maior idade.

    É xusto aí, cando iniciada a sesión a Presidenta quen coa súa intervención aviva aínda máis un ambiente xa caldeado, ao suspender o debate utilizando o seu voto de calidade, aludindo a un escrito presentado previamente á sesión por un representante de Participación Democrática Directa de Galicia (PDDdeG), que resulta ser o partido orgánico ao que pertence Somos Fene e cuxo contido ao seu entender lles deslexitima como asinante da Moción de Censura deixando por tanto sen efecto a súa tramitación.Suspensión que en todo momento foi contestada de forma airada pola outra compoñente da Mesa, con retirada de micrófono de forma violenta, xestos obscenos e outras lindezas polo estilo. Rifa de xeito evidente impropia de de unha representante institucional

    Pero o que verdadeiramente esixe a situación é destapar a identidade dos causantes deste barullo, descubrir quen é realmente os membros dese grupo, que sen reparo nin conciencia non só mestúranse senón que conxuran cos sucursalistas en Fene de partido mais corrupto do país, é dicir, coa mafia do PP.

    É necesario desvelar esa incógnita dunha vez por todas para rexenerar a función política e poñer claridade nos electores, especialmente agora, cando de Somos Fene non só renegan os seus proxenitores. senón que a propia plataforma que por accidentalidade auspiciou a súa candidatura ás municipais insiste de forma iterada na expulsión dos concelleiros por transfuguismo.


    E Ramón Souto, exhalou un suspiroNon caben disfraces por mais tempo, pois é de sobras sabido que tras a nebulosa da confusión escóndese o evidente , tal é, que a maioría dos aliñados ao redor da candidatura de Somos Fene proveñen maiormente do BNG e foron seguidores de Beiras na súa escisión da formación nacionalista, e por tanto compoñentes en primeira instancia de Anova, da que posteriormente se segmentaron por guerras de caudillismo para conformar Cerna, unha nova formación que ademais de ser o principal sustento de Villares na Marea, en Fene, acolle na súa filas entre outros a antigos concelleiros da corporación, incluído o anterior alcalde do BNG, como tamén a que fose deputada substituta de AGE no Parlamento Galego e membro á súa vez da candidatura municipal. É dicir, os que coa súa actitude renegada provocaron que no pleno da moción una bágoa furtiva deslizásese pola meixela de Ramón Souto.

    Foi por iso que o Alcalde da foto, unha vez cancelada a sesión, desde a súa localización na parede, ao ver saír coa cabeza gacha aos dous derrotados concelleiros tránsfugas, miroulles de esguello e ao tempo de esbozar un leve sorriso, cando atravesaron o limiar da porta exhalou un suspiro de alivio.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook