Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 16
    Febrero
    2018

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Estou a falar de Fene

    Fene que chegou  ser referente mundial do sector naval , paradigma global de dinamismo industrial e do ascenso social sustentable, pasou do apoxeo ao declive, sen que tras catro décadas os artífices políticos do desastre fixesen o mínimo xesto en favor da súa reactivación efectiva.

    Estou a falar de FeneQue o emprego, a poboación e a economía están intimamente ligados. é unha realidade que no concello de Fene coñecemos perfectamente desde moito tempo atrás, e iso como consecuencia dos dramáticos avatares sufridos polo municipio a principios da década dos 80 que derivaron na destrución do que foi ata entón o seu cardinal sector produtivo, e á vez arranque da súa evolución anterior.

    Compre  referir que desde a década dos anos 60 do século pasado favorecido polo auxe do seu emerxente sector naval, o Concello, experimentou unha evolución demográfica alcista cuxa tendencia se mantivo durante un período de case vinte anos, e cuxa culminación, ten  de fixarse no ano 1986 por ser este o momento que duplicando case os habitantes de principios do período, a poboación municipal aproximouse aos 16000 habitantes.

    Un referente de esplendor sen parangón, que paradoxalmente, pasado o tempo transformouse en punto de inflexión e inicio do seu decaemento, como consecuencia da imposta reconversión da súa esencial actividade produtiva, que motivou desde o primeiro instante que o concello perdese un 14% do seu censo de poboación ata situarse nos seus actuais 13.110 habitantes, unha contía en clave descendente, e de partida, sen perspectivas de recuperación.

    O desmantelamento do estaleiro Astano e os efectos colaterais inducidos,  fixo que aspectos como a mobilidade xeográfica dos seus excedentes e a masiva perda de emprego desatase unha persistente tendencia á baixa demográfica ata o extremo de levar o seu censo municipal a unha poboación inferior á existente corenta anos atrás.

    Para maior complexidade, as previsións que barallan os máis reputados demógrafos máis que indicar un cambio de traxectoria en positivo son para botarse a tremer, tendo en conta que as mesmas veñen revelar que o peor aínda está por chegar; e a pesar de tan desalentadoras expectativas, o certo é que ante tal conxuntura ninguén fai nada por poñer remedio ao problema.

    Tal é o deixamento, que nin se elaboran diagnósticos, nin se revisa o planeamento  xenuíno, e por tanto tampouco se aplican terapias para cambiar o rumbo da situación.

    Aspectos indicativos do desinterese xeneralizado sobre o particular, e moi especialmente, da total despreocupación por establecer de forma responsable un gran pacto político e social dirixido a combater tan prexudicial fenómeno, e impedir con iso que a demora na toma de solucións converta a cuestión en irreversible.

    Se así non fóra, a diminución demográfica que está a causar no devir municipal a interminable crise industrial, de ningún xeito tería maiores efectos nin tan impactante significación estatística de mediar un mínimo de predisposición política para a súa resolución, pois Fene é máis que ningún outro, o concello do ámbito territorial galego que reúne as mellores condicións para a súa reactivación, polo menos iso indica o feito de ter un 5,5% da súa superficie total clasificada como solo industrial consolidado, con vantaxosa localización estratéxica como achega dinamizadora e optima condición para cumprir a función de enclave industrial de referencia.

    Oferta de solo que facilita a instalación ou diversificación de novas actividades económicas, e con iso a reactivación municipal; pero se aínda así se mantén idéntica tónica, entón debe resultar obvio que non é a planificación territorial o que falla, senón que o mal do noso estancamento hai que buscalo exclusivamente na apatía institucional causada polo comportamento dunha clase política de minguada capacidade executiva e sen a mínima predisposición por reconquistar e vitalizar o tecido produtivo, a pesar dos pernicioso efectos que a súa indolencia induce no futuro do concello e das súas xentes.

    Agora ben, en tanto se manteña infrautilizada e cativa a ampla bolsa de solo industrial ocioso de titularidade pública e as decisións políticas sigan a depender  dos mesmos de sempre, resultará imposible que Fene poida tirar rendibilidade das súas potencialidades endóxenas, por ser tales límites os obstáculos que impiden consumar unha reindustrialización acorde á demanda.

    Estou a falar de Fene

    Xa que logo, de persistir nesta tónica folga dicir que será materialmente imposible xerar emprego,  e sen alcanzar este obxectivo por mais expectativas vantaxosas que se difundan, resultará totalmente inviable calquera intento de recuperación a nivel demográfico;  impedindo con iso toda probabilidade para que quen vive en Fene teñan garantía de futuro e poidan botar raíces na súa localidade.

    Mal imos por iso, se ao xa referido engadimos a revolta desencadeada recentemente polos gregarios locais do PP e o PSOE, quen despois de ter actuado  como cómplices do proceso, agora de novo en comandita, tentan o asalto á Alcaldía vía Moción de Censura, coa única finalidade de facerse co poder municipal para desde alí neutralizar toda reivindicación orientada á reactivación industrial do Concello

    Por iso, a expurga destes políticos municipais debe ser entendida como unha esixencia terminante…!!!!

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook