Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 06
    Octubre
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Fene e a lei do embude

    No concello de Fene, os moi constitucionalistas ex alcaldes do PP e do PSOE, utilizan a denuncia ante a fiscalía contra os seus adversarios políticos, para dese xeito zafarse dos graves prexuízos que eles mesmos causaron no patrimonio da entidade local sendo mandatarios da mesma.

     Fene e a lei do embudeO concello de Fene é como un carrusel no que durante as tres últimas lexislaturas á marxe da divisa política, os concelleiros, ao lombo dos cabaliños de feira viran e viran sen cesar , pero sempre en sentido contrario á dirección do marco legal, motivando iso que institucionalmente a entidade teña toda a traza dun antro de degradación, onde, como resulta probado, tanto desaparecen misteriosamente farois amoreados no depósito municipal como viarios públicos do Plan Xeral ou do Inventario de Bens, co agravante engadido que toda demanda cursada en esixencia de transparencia e clarificación, é neutralizada administrativamente de partida, desaparecendo de circulación non mais fornecer entrada no rexistro municipal.

    Un turbio manexo que fai que os demandantes teñan de tragar forzosamente co silencio administrativo como regula de conduta ao recibir a calada por resposta de forma iterativa, chegándose ao inaudito extremo de existir denuncias ou reclamacións interpostas por interesados, que pasado un ano da súa tramitación nunca chegaron ao negociado de destino, debido segundo información cotexada ao secuestro indebido da Secretaría Xeral do Concello onde se manteñen retidas as peticións molestas, e todo iso co respaldo cómplice dos membros da corporación que secundan co seu consentimento esta indecente operativa

    Arriscadas manobras de encubrimento de actos de aparencia delituosa, e motivo suficiente para recusar profesionalmente a quen estándolle conferido por lei atribucións de lexitimación de fe pública municipal , lonxe de facer gala do rigor que debe acompañar o seu labor, actúa remisamente aplicando a inactividade da administración fronte ao «dereito a saber» que democráticamente lle asiste a todo cidadán. Un serio problema de inseguridade xurídica con grave repercusión para os administrados e a propia administración , e razón sobrada para deixar en suspenso os labores de tal responsable, cando por reacción lóxica os feitos denunciados recalen na fiscalía, pois non é de recibo que os certificados requiridos pola xudicatura sexan cumprimentados por quen é parte explícita de actitudes de dubidosa reputación administrativa.

    Os lesivos prexuízos causados de forma reiterada ao concello de Fene pola actuación de membros da súa corporación, esixen afrontar sen máis dilación a realización dunha auditoría administrativa de todo o actuado no transcurso das dúas últimas lexislaturas, é dicir, sendo alcaldes o socialista Iván Puentes e durante o mandato do popular Gumersindo Galego , por resultar mais que probada a existencia de prexuízos repercutidos á institución municipal, e por tanto, con esixencia de expurga de responsabilidades, demanda de danos e prexuízos e determinación de responsabilidade patrimonial derivada; pois teñen de ser os políticos incursos quen responda xurídica e economicamente de lixeireza das súas decisións , que nunca repercutir na institución municipal a deriva dos seus excesos

    Como sustento do devandito, manifestar que son múltiples os expedientes de distinta índole tramitados e aprobados polos órganos de goberno , sen que os cargos políticos que debesen velar pola legalidade outorgasen validez algunha nin consideración aos informes xurídicos e/ou técnicos que por disciplina legal son emitidos polos habilitados responsables das áreas de competencia, chegando mesmo ao extremo de facer caso omiso, cando o contido dos preceptivos ditames advertía expresamente da ilegalidade do procedemento.
    Delación que non é para nada un parecer subxectivo do que está a ocorrer na institución municipal, senón o envorcado dunha contrastábel realidade administrativa que xuridicamente non hai por onde collela e politicamente dá ganas de vomitar.

    Por iso é polo que por mais disfrace de transparencia institucional que se tente transmitir aos veciños da localidade, os feitos veñen confirmar que o arquivo municipal de Fene alberga nos seus andeis cuantiosos expedientes de actos administrativos das dúas últimas lexislaturas que son nulos de pleno dereito ao ser ditados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido, e cuxa responsabilidade corresponde a aqueles membros da Corporación que a pesar de ter constancia dos negativos ditames obrantes nos respectivos expedientes optaron por referendar a súa aprobación conscientes de estar a incorrer en ilegalidade, pois tal circunstancia fai recaer neles a responsabilidade civil e penal que sexa consecuencia das accións ou omisións que cometesen.

    Fene e a lei do embudeXa que logo, idéntico afán que o utilizado por ambos os ex mandatarios para poñer en mans do ministerio fiscal as accións de corporativos de signo contrario, debesen ter para proceder en consecuencia e elevar á mesma instancia os actos delituosos da súa propia colleita , cuxos efectos foron e seguen sendo altamente perniciosos para a administración e o interese xeral, pois non debe pasar desapercibido que o seu alcance abarca aspectos tan comprometidos como a apropiación indebida , o desfalco, a prevaricación, a colaboración en fraude fiscal, a ilegalidade urbanística , a falsidade, etc., etc.
    Delitos todos eles que esixen urxente resolución , e de antemán, a dimisión de quen cos seus feitos demostraron non ser dignos de crédito para confiarlles a cousa pública.

    O debate queda aberto e a porta de saida expedita de par en par, para que os implicados vaian tomando camiño.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook