Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 26
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    ¡FODER, QUÉ TROPA!

     Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender  aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto  politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito  de ter a cualificación precisa,  para afrontar  con éxito os grandes  problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco,  que os actuais  representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa  da fecunda  historia democrática,  pero tamén a de maior insolencia e descaro  que nos temos tirado ao corpo.

     

     

    Este enxame de insuficientes, mais que lograr a súa credencial  na limpeza dun  proceso electoral, semella obtivérana como salteadores de camiños, pois caso contrario non é  descifrable que manteñan o seu rango de representación e non teñan dimitido,  dado que seu facer político, é a antítese dos compromisos contraídos nos seus programas electorais, cuxo contido resultou ser clave para que os cidadáns a través das urnas decantáranse por outorgándolles plenas facultades en representación do interese colectivo. Resultando por tanto que a pervivencia  da actual dicotomía,  á parte dunha fraude electoral en cuberto, trasloce unha afronta que pon en cuestión a solvencia das regras do funcionamento democrático.

     

     

    Dicir que esta introdución é unha forma suave de censurar lexitimidade a quen amparados na deshonestidade,  promoven reformas económicas de lesiva incidencia para o resto dos cidadáns, e á vez, co maior dos descaros   blindan os seus privilexios  e  distingos  nunha clara demostración de insolidariedade e negativa a arrimar o ombreiro, É obvio que veño de referirme á levada e traída reforma das pensións, en cuxo contido os señores deputados e senadores non ven prexudicado o seu  excepcional  e escandaloso status. É dicir, que con total naturalidade, promoven reaxustes de incidencia a terceiros, mentres os seus dereitos mantéñenos salvagardados e inalterables.

     

     

    Miúdo código de conduta,  un pouco máis, e fanse controladores aéreos!

     

     

    Para centrar o desbarre licencioso que promoven  os insignes pais da patria, cabe referir, que a famosa reforma a efectos xerais   afecta a dous aspecto que por diferentes non deixan de ser complementarios, o alongamento  da idade de xubilación que pasa de 65 a 67 anos, e a elevación da  temporalidade de cotización  que pasa de 15  a 20 anos como mínimo  necesario para percibir pensión de xubilación, existindo ademais outros aspectos restritivos en correspondencia ao actual marco regulador.

     

     

     

    En contraposición os Deputados e Senadores, pola súa pertenza á divindade, e  como o sobreesforzo que supón ter as  nádegas no   escano, xéralles unha mingua anticipada da súa capacidade física, xa que logo, en compensación, ségueselles aplicando o réxime de excepcionalidade que teñen conferido na actualidade, sen que a reforma modifique un chisco dos seus dereitos e por tanto poderanse retirar aos 60 anos, tendo dereito a prestación polo mero feito de exercer 7 anos nalgunha das cámaras como representante.

     

    Miúdo careto bótanlle súas señorías, nisto o consenso é pleno!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook