Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 28
    Agosto
    2015

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Neoliberalización e mutación urbanística.

    En tanto o neoliberalismo siga ostentando o control real do urbanismo e a planificación territorial, manterase a desregulación do sector, favorecendo con iso o monopolio capitalista en menoscabo do beneficio común, impedindo así, que o éxito acompañe aos gobernos de progreso.

    Neoliberalización e mutación urbanística.A pesar que o estoupido da burbulla inmobiliaria deixou patente as desmesuradas previsións de crecemento urbanístico; pasados oito anos dende aquela eventualidade causada pola Lei do Solo de Aznar, e cuxo resultado en forma de cicatrices da crise seguese a percibir actualmente no cuantioso parque de vivendas sen vender, ou no seu caso, nos múltiples sectores residenciais paralizados ou inacabados; pois aínda así, os municipios en trámite de revisión do plan decántanse pola continuidade sen establecer corrección ningunha ás súas sobredimensionadas propostas de urbanización, non parecendo tomar lección do acaecido, nin entendendo ao parecer a función pública que debe cumprir o urbanismo como ferramenta de racionalización do solo. 

    Sendo tal extremo o deducible, cando politicamente demostran non reparar en posicionarse a favor da irracionalidade territorial, que presupón, o feito de prestar lexitimación a aquilo que en boa praxe urbanística se debese combater.

    Especialmente na actual conxuntura, ao afrontar a revisión ou redacción de toda figura de planeamento, o seu contido, en boa lóxica debera ter presente a identificación do escenario socio económico existente, ao igual que o axuste debido a criterios de racionalidade territorial e sociodemográficos, que de partida lonxe das prorrogadas pautas de aplicación, en clave espacial, orientan tendencia cara a dinámicas de "decrecemento" no contexto dunha orde urbana mais racional e reflexiva que defina novas lóxicas de planificación territorial, como única alternativa sensata aos inadecuados postulados do crecemento custe o que custe.

    Medidas que debesen tomar carácter urxente se o que politicamente preténdese é propugnar un cambio de modelo urbanístico, en suplencia do expansionismo especulativo que ao abeiro de previsións sobredimensionadas e indebida cobertura legal do planeamento conduciunos ao actual desastre, como demostra, o feito do excedido crecemento residencial dos últimos anos de euforia do boom inmobiliario, ao xerar no seu desenfreo unha contía de vivendas construídas catro coma cinco veces superior ás necesarias para satisfacer a actual dinámica demográfica, sen que polo tanto, exista argumentación ningunha para seguir mantendo propostas de desenvolvemento urbano, que por descontextualizadas coa realidade entran en colisión cos criterios de equidade, cohesión social e sostibilidade que debe referendar a consecuente aplicación da teoría urbanística.

    Por responsabilidade institucional corresponde ás corporacións locais como competentes en materia, darlle un xiro á planificación e a ordenación territorial, en prol de posibilitar o xurdimento dun urbanismo de novo cuño que baixo o liderado corporativo e a implantación de sistemas mais adecuados de participación cidadá, póidase establecer de forma eficiente un formato actualizado de como organizar a cidade, para así, revertendo as desigualdades espaciais existentes e neutralizando a influencia ideolóxica do neoliberalismo imperante, pechar definitivamente todo acceso ás apetencias e desexos duns axentes especulativos para os que o territorio é un simple soporte dende onde obter plusvalías derivadas da súa renda.

    E iso ten de ser así, pois de non o facer, se o urbanismo como instrumento político continua supeditado á hexemonía neoliberal, por mais vontade renovadora que manifesten os gobernos de progreso, nada poderán facer en cumprimento dos seus compromisos electorais, se o discurso dominante en materia de ordenación territorial e urbanismo non se erradica e mantén a continuidade de ser xestionado dende o libre mercado deixando nun papel residual a función das administracións públicas, pois tal limitación impedirá asegurar a reversión ao interese publico das rendas xeradas polos procesos de urbanización; e xa que logo estarase ante unha detracción que obstaculizará o cumprimento dos obxectivos políticos previstos.

    Neoliberalización e mutación urbanística.

    Circunstancia, que fai forzoso que os novos gobernos locais en exercicio das súas atribucións e por responsabilidade política, teñan de afrontar sen dilación a revisión dos plans de ordenación urbanística, en adopción tanto aos novos criterios da estrutura xeral e orgánica do territorio e a clasificación do solo, por axuste  a unha nova realidade, como tamén, pola aparición de circunstancias sobrevidas de carácter demográfico e económico, que alteraron no substancial o contido das súas previsións deixando sen efecto a solvencia do seu contido, e moi especialmente, para atribuír novas pautas sobre a ordenación, a xestión e o control do plan resultante, que como parte efectiva da política pública debe recaer exclusivamente, en mans do poder político e a colaboración participativa do conxunto da  sociedade.

    Non podemos confiar nas formulacións neoliberais causantes da actual conxuntura e da desregulación do urbanismo, e só dende a primacía política e o dominio da situación, estarase en condicións de aplicar as medidas axeitadas para paliar o prexuízo causado polo modelo anterior.

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook