Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 19
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    NON SON POLÍTICO

     Dicir que a voracidade  dos mercados  é ilimitada non resulta novo,  referir que a súa influencia  no panorama político é ostentosa  tampouco é un descubrimento. O que asoma como  un acontecer perigoso é esa temeridade,  esa insensata intención de relegar  a democracia  a un segundo plano, postulando para iso a   primacía do papel moeda  en detrimento do papel electoral, para deste xeito impor que os gobernos emanen  do poder económico    en supresión da  a vontade popular.  Ao parecer o feudalismo  financeiro, agora mais que nunca  vén disposto a establecer  ao seu antollo unha nova orde mundial, e mentras eso acontece, os políticos de sempre no canto de facer valer a súa condición de lexítimos representantes, achantan  outorgando acatamento,   aproveitando para  pactar unha parceliña de poder para seu futuro. É deprimente pero éche o que hai.

     Ambos nas súas primeiras declaracións manifestáronse con idéntica  expresión,   "eu non son político", frase distintiva deste  par de tecnócratas, que agora por imperativo dos mercados son os  flamantes mandatarios  de Grecia  e Italia, Lucas Papademos e Mario Monti, cuxa caste profesional non dá lugar a equívocos, por canto, ambos forman parte dunha estirpe de compracentes defensores da  gran banca e das  empresas transnacionais,  por tanto o seu papel correspóndese coa súa función como  devotos  incondicionais  do  armazón que conforma o capital financeiro, quen en síntese, é  o verdadeiro responsable en impor o nomeamento destes dous economistas  ao obxecto de garantir    os seus investimentos, ou o que é o mesmo, dispor da    táboa de salvación  dos seus intereses.

    Cabe significar  como confirmación de tal criterio, que o perfil de idoneidade para senllos  nomeamentos non foi considerado en razón a un suposto  prestixio de méritos como docentes, pois os seus éxitos non parten do foro universitario, senón da súa coñecida vinculación co Goldman Sachs, o influente banco estadounidense quen despois de resultar ser un dos maiores  causantes da actual crise económica e principal operador  na  fraude das  hipotecas subprime, agora, como acto seguido, despois de correr  o denso veo do esquecemento, a alma da  pillaxe financeira   reforza o seu marco de influencia tomando a saco o control da política económica europea, e para iso, realiza o primeiro ensaio de ditadura financeira  consistente  en forzar  a dimisión dos lexítimos representantes democráticos, e sen mediar proceso electoral  estruturar alternativamente  a substitución de mandatarios, facendo que os seus escudeiros  de confianza  tomen as rendas do poder por obra e graza da imposición   e sen gardar o mínimo recoñecemento á soberanía da vontade popular. É evidente que o poder financeiro ten destapado o frasco da súa esencia e sen recato nun estritis escandaloso desprendeuse do molesto vestiario democrático  que cubría as súas vergoñas, deixando  ao descuberto a miseria  das súas cobizas omnímodas. Ao  Goldman Sachs non lle foi suficiente no seu día, participar na falsificación  das contas públicas gregas con obxectivo  de enmascarar o déficit e lograr con iso  a incorporación do país heleno á zona euro, cando en curiosa coincidencia  era gobernador do Banco Central Grego o actual salva patrias Lucas Papademos,  e non satisfeito con aquela conduta, agora a mesma entidade  volve polos seus foros  e, nun exercicio de extorsión, forza  a soberanía democrática  prometendo cancelar a súa tensión sobre Italia  se o electo  Berlusconi era substituído por Monti.  Sen ser especialmente  desconfiado, resulta cando menos sorpresivo que tanto os novos mandatarios  de estes dous países mediterráneos  da periferia europea,   como o novo presidente do (BCE) Banco Central Europeo,  Mario Draghi. teñan probadas  connotacións  profesionais e de dependencia   coa entidade financeira  norteamericana. Ese común denominador converte a este triunvirato na avanzada  de   gobernos Goldman Sachs en Europa, circunstancia escandalosa,  e que por riba,   orienta un máis que probable conflito de intereses e unha  manifesta incompatibilidade en cuberto. Por tanto  en plena crise do euro, a estabilidade ou debilidade monetaria  da UE non depende tanto da eficiente ou deficiente  gobernanza dos seus lexítimos representantes, como das nunca favorables  estratexias  dos  EEUU, pois  por mais mensaxes integradoras que  expoñan os yankees no foro do G-20  sobre a necesidade dunha  resposta colectiva e unha saída global  da crise, tales pronunciamientos,   non deixan de ser un brinde ao sol, por canto en cuberto,  o seu verdadeiro obxectivo non é outro que  manter a súa condición de liderado  nas institucións financeiras internacionais, e para a súa consecución como queda farto demostrado élles indiferente o método que o sistema  a utilizar, pois a súa teoría irrenunciables cando se trata da manter  seus privilexios  o fin xustifica os medios. Se no 2008 o Goldman Sachs e os seus afíns estadounidenses encargáronse de contaminar o circuíto financeiro europeo cos seus activos tóxicos, agora nun mais alá, tentan  contaminar a súa esencia democrática  suplindo o resultados das urnas polas decisións dos seus consellos de administración; impondo ao efecto  gobernos técnicos  que asumen satisfeitos uns tecnócratas de medio pelo, coa flexibilidade permisiva   dunha clase política xenuina encabezada pola czarina Merkel  quen non  reparan  en albiscar que as consecuencias dos acontecementos ademais de non ser a solución de nada, ocasionarán  unha convulsión social sen precedentes. Máis que nunca, esta é a Europa dos mercadores. http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/  

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook