Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 13
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O CADERNO DE PEPE BLANCO

     As paixóns cando son cegas, teñen o risco de levar aos seus protagonistas a situacións de delirio,  maiormente ,  se quen adoecen o conflito ,  non dubidan erixirse en defensores  resoltos   dos seus achegados, sen reparar na utilización de proclamas acesas e arrebatadas, que,  por esa tendencia da amizade afectiva, veñen  delatar  un arrebato excedido, ateigado  de distincións    que  adoitan derivar  pola ruta da fascinación e o fanatismo.

     

    Esta introdución vén a conto pola  enaltecida  defensa que un ex alcalde comarcal, recentemente dedicou, á persoa,  obra e milagres do lucense  José Blanco,  quen, aparte de ostentar a xefatura do ministerio de Fomento, atende como voceiro  do goberno, controla  o todopoderoso aparello do partido na súa condición de vicesecretario xeral  e, se toda esta acumulación de cargos e xerarquía antollásese  escasa, ao referido,  haberá de sumar  a condición mesiánica  que lle outorga seu impulsivo admirador, e o tempo inducido obrigado por tal condición  , por canto, semella que os milagres prodigan no facer  do redentor de Palas de Rei.

     

    Pero se o explosivo ímpeto deste  adulador non fose desorbitado, o desaxuste  chega ao  colmo cando  eloxiando a   hipotética capacidade de tan  memorable dirixente, espeta sen cortarse un pelo, que   o retorno á política da comunidade autónoma  deste   personaxe,  sería a solución dos  actuais problemas de Galicia

     

    Eu, capaz de marcar  diferenzas entre o persoal e o político, é polo que, a pesar de todo    sigo catalogando ao  responsable destas declaracións, como persoa entrañable, agora ben, como queira  que neste caso a conxestión de disparates encadeados supera  a tolerancia de despropósitos admisibles  , iso, por saúde democrática  obriga introducir    unha declaración de réplica, entendida sen acritude e suxeita a un exercicio de analítica neutral,  que inescusablemente desde unha actitude crítica   debe ser o método apropiado para pór freo a este desatino.

     

    Ao respecto, dicir non entender ,  nin compartir  e moito menos    xustificar,  que por riba do interese xeral, o político de oficio,  teña como obxectivo  preferente , a andaina do seu  ascenso persoal, e non, no sentido  de axenciar maior clasificación ou rango, pois iso si sería plausible e vantaxoso colectivamente, senón,  desde a enfermiza  ambición de alcanzar a maior cota de poder  como ferramenta de dominio; avaricia  agravada comunmente  coa incapacidade  de ocultas limitacións intelectuais e que polo seu distintivo  de prima individualista, sempre orixina graves prexuízos no funcionamento e estabilidade do país.

     

    Por iso, sería un problema e mesmamente unha perda de tempo,  que tentase perfilar futuro político,  emulando o historial de   seu ídolo,  pois ese tipo de triunfadores  son froito de tolerancias atípicas  que cíclicamente xera a bonanza e o todo vale, é dicir, unha desafortunada accidentalidade; pero despois dos nefastos resultados do goberno socialista , consumado o desastre no que estamos sumidos, mais que seguro é contundente,  que o acceso dos mediocres á cúpula do poder, afortunadamente  estará vetada  por unha longa  temporalidade.

     

    Non debese esquecer que, quen a temperá   idade  tomou dedicada exclusividade    polo control do aparello político, con  renuncia expresa  aos seus estudos universitarios, é evidente, que determinou con antelación debida  que  seu  “modus vivendi” viraría ao redor da cousa    pública, sendo por tanto  ese obxectivo súa meta irrenunciable, e así foi como tras a súa condición   de amanuense  coñecedor da organización,  tomou baza para   establecer os ritmos e marcar os tempos, aproveitando situacións de desconcerto interno  para instalar  oportunamente o trampolín   de Nova Vía, e así, tras a proxección  da imaxe  de Zapatero , desde a trastenda de Ferraz, converterse   no  incuestionable “gurú”   da organización política.

     

    Era evidente  que José Blanco sabía perfectamente que o dominio do aparello do partido garantíalle   o control e a acción executiva do goberno, coñecendo igualmente,  os métodos de descoidada ortodoxia pero de influente  eficacia na deterioración da oposición.

    No en tanto, por carencias  suplidas,  non soubo  decatarse que cando  as políticas económicas non son as apropiadas, a inercia dos mercados impón súa primacía por riba do poder institucional, e cando iso ocorreu,  mais que entregarse  á responsabilidade   de renuncia á vez que o Presidente, de súpeto, encolléuselle a talla   e agora  tenta  salvar a equipaxe da continuidade política  a través de conspiracións e intrigas cun achegamento  a Rubalcaba, mentres por imperativo estratéxico   entra no patrocinio de forzar  a renuncia de Carme Chacón ás primarias.

     

    Entrañable ex alcalde, o seu admirado personaxe vén dicir de se mesmo, “moitos recoñécenme e coñécenme moi poucos”, vostede debe andar polo grupo dos   moitos, pero eu, que analiticamente  debo pertencer á  selecta caste dos poucos, estou en condición de concluír que  por consecuencia  política ,  este home non só non debese desembarcar en Galicia ,  senón que está obrigado a seguir os pasos do seu patrocinado presidencial  e, en consecuente correspondencia, debe    presentar  a renuncia á súa continuidade no facer político ,  pois o resultado experimental do  seu liderado así o recomenda, sendo ese o mellor favor que poida facerlle á nosa  comunidade e por extensión ao conxunto do país.

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook