Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 01
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O CRUCE DE FENE

     Nesta coñecida encrucillada de Fene, onde a concorrencia deriva aos catro ventos e a bruma  mantén  arume  naval, onde as  arestas edificatorias delatan  épocas de variables urbanísticas;  houbo un tempo, que a  notoriedade do enclave  tomou  ingrata popularidade  como referente  do permanente  trastorno e a estendida  impaciencia,  non sendo difícil rememorar as motivacións mesturadas,  da eterna espera nunhas  caravanas interminables con     os non menos usuais  cortes de tráfico, que os axitadores da hostilidade,  utilizaban como ferramenta recorrente a modo de escoltas dunha  planificada  tapadeira, clandestinamente revestida de conflito laboral.

     Pero con todo, o máis impactante naqueles movementos de masas, eran as  xornadas incendiarias, onde os pirómanos  fabrís tomaban protagonismo, pondo lume ao  asfalto  mentres protexían  identidade  baixo imprevistas carapuchas. Con aquela ofensiva de  disturbio, onde as chamas de combustión neumática e a tóxica  fumareda, vestían  a  contorna de aparencia belicista, alcanzaban o  obxectivo previsto, pois  aquel escenario dantesco era apropiado para a súa estratexia, que non era outra, que lograr portada  nos medios informativos para a súa utilización mediática  como resorte de fustrigación e  desgaste contra   o executivo político do momento.

     Resulta obvio que cumprido o obxectivo, extinguíase a razón da causa; e iso, foi o motivo  dunha mutación sorprendente, pois daquel  axitado desenfreo de conflitividade das  vésperas electorais do 2004,  desde un Fene en chamas,  onde se radicalizaron as esixencias contra o  goberno conservador  en demanda  de solucións para o sector naval, resultou paradoxal  que dita reivindicación mantivésese invariable   até lograr o efecto esperado,   que non era outro, que crear o desgaste político que facilitase que  os  socialistas alcanzasen o triunfo electoral.

     Conseguida esa meta,  nun acto de subordinación mal disimulado,  os líderes contestatarios cambiaron  o histriónico contido da súa partitura, non reparando  en sacar vantaxes persoais  a través de prexubilacións de luxo, mentres avalaban como mellor acordo a prorróga do veto até o 2015, cuxas medidas traían consigo o último tramo da reforma do sector naval, consistente nun reaxuste á baixa  da súa xa disminuida plantilla operativa, e por conseguinte da  súa capacidade produtiva,  que en síntese, cernaba  as  perspectivas de viabilidade  dunha factoría que desde 1984 resultase ser a máis prexudicada do sector.

     Pero a esas  incoherentes determinacións, por se fosen poucas,  hai que sumar o agravante de estar ante un  sector público pésimamente dirixido, sen que  haiba  dúbida, en dicir que foi a antítese  de como debe ser xestionada unha empresa,  e iso é así, porque a capacidade executiva da cúpula xerente de Navantia, estivo  encomendada a un combinado   de individuos de dubidosa eficiencia, falando como mellor testemuña,  os  balances de resultados  da  SEPI  no intervalo  de senllas lexislaturas  socialistas.

     Agora, no vestíbulo dun novo proceso electoral, cunhas cortes disoltas e un goberno en funcións, é dicir, sen dispoñibilidade de interlocutores  executivos, algúns se dedican a promocionar   os  brindes ao sol  peregrinando en procesión  o reclamo dun dique flotante, cando saben de antemán que a súa execución precisa de financiamento público, e que tal inxección, como é farto sabido,  resulta incompatible coas directivas europeas establecidas para o sector, e por conseguinte,  á parte de ilegais sería suxeito  de sanción.

    Por tanto é patético  andar  alimentando  falsas expectativas para despistar o veto como  matriz do  problema; claro que recoñecer tal realidade pode  sentar  discordancia en quen foron  os seus padriños de cerimonia.

     Neste arrebato de febre electoral, o acento esperpéntico tivo por protagonista  ao delegado do goberno Sr. Cortizo, quen, chegando tarde á feira  de estrataxema naval, apuntouse  un tanto ao estilo Zapatero, é dicir, prometeu o que non ía cumprir , e así, sumouse á xolda das  insensateces comprometendo o financiamento do 50% do dispositivo  flotante.

    Pero co seu excesivo  afán protagonista,  demostrou escasa  prudencia política  e nulo coñecemento xurídico, pois instar  á Xunta de Galicia a asumir a parte restante, é incitar a cometer un feito punible, por canto, a administración autonómica, máis que quixese,  non é competente en materia  e por tanto, unha extralimitación financeira  suporía un acto  de prevaricación sen paliativos.

     Non é tempo de extravío,  aquí cada pau ha de aguantar a súa vela, e por tanto, despois de sete  longos anos  de vixencia da prórroga do veto, os  sindicatos estatais e o PSOE como exclusivos e únicos   protagonista,   son os chamados a render contas da situación, sendo intolerable   o descaro  de tentar  derivar responsabilidades a terceiros tras un indecente exercicio de confusión.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook