Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 29
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    ODISEA DUNHA CRISE

     No actual contexto de crise que padecemos, é evidente que os cidadáns do montón, non podemos felicitarnos de dispoñer dun goberno executivo, capaz de estructurar solucións efectivas ou polo menos medidas paliativas reductoras do forte impacto que actualmente está ocasionado o curso dos acontecementos económicos, pero esta ineficacia era unha partitura xa escrita, pois vai para tres anos que coa súa arrogancia característica, o Presidente Zapatero describía a crise con dúas frases lapidarias " É unha falacia. Puro catastrofismo". Abofé que coa súa negativa a recoñecer a crise, ocultaba unha finalidade deliberadamente enganosa que dito en román paladino podíase resumir nestes termos ,.... a Moncloa ben vale unha parodia!


    E certamente o simulacro propiciou seu efecto, e aos electores, inimigos por natureza de malos presáxiaos, lles ilusionou que o candidato á Presidencia do Goberno nun deslustrado mensaxe audiovisual de conta-contos, sen perturbarse, relatáselles a fábula de que España era o país das marabillas, e así a seducida credulidade dos votantes, fixo que a efectos electivos a fantasía desfigurase a realidade, e que os obxectivos previstos tivesen a resposta esperada; pero era lóxico, pois non en balde non hai que esquecer, que frecuentemente o éxito na política radica na arte dos seus charlatáns.

    Pasadas as eleccións era prematuro asomarse ao balcón da realidade, non fosen desprenderse os fráxiles canzorros que o sostiñan, e así, mentres o panorama económico se agravaba, o flamante executivo dedicaba o seu tempo á celebración da súa manobrada victoria, e por aquilo de gardar as formas, seguían empeñados en fantasiar coa realidade financeira, ata que a evidencia denunciou o proceso de manipulación utilizado, e nese momento acode a súas lúcidas mentes a alternativa filolóxica, e o que era unha crise galopante con recesión incluída, na pila bautismal da sé de Ferraz, a rebautizan e pasan a chamala desaceleración,......non sei quen serian os padriños pero a verdade lucíronse! 

    Pero non satisfeitos co seu esperpéntico papel, para desgracia e vergonza do país, promoven a internacionalización das súas extravagancias e sen dúbida a caixa de resonancia máis apropiada para ridiculizarnos era Nova York, e aí, o Presidente, unha vez máis, no canto de recoñecer o que era un realidade concluínte, se despachou ás súas anchas cunha exposición das que fan época, e que sen dúbida quedará referida nos anales da historia contemporánea pola súa carencia de rigor e notoria excentricidade. 
    Señores e señoras, agora, resultaba que España non estaba en crises, só padeciamos un freado de crecemento, o transo era un problema de países veciños, pois nós xa superaramos en renda per cápita a Italia e en tres anos adiantariamos a Francia. 


    Semellantes manifestacións aparte dunha imprudencia foi un expoñente da escasa talla política do titular da súa autoría, ao intentar disfrazar os males endóxenos con imputacións de tercería. 

    Abofé, que o tempo e os acontecementos botáronlle por terra o seu armazón de ambigüidade e aquela crise invisible pero encorada, rompeu as comportas da falacia, o catastrofismo e a desaceleración para irromper con máis virulencia se cadra, asolando ata aquela solidez bancaria ou "milagre español", do que tanto se presumía. E daquela crise inexistente, naceu un plan de rescate, o paro chegou a cifras escandalosas, moitas empresas houberon de botar o ferrollo, etc. etc.; e entón con este panorama no candeeiro, o Presidente, é presa dun empeño enfermizo para lograr custe o que custe, a súa presencia na reunión dos G 20, e alí se erixiu ante o mundo nun caso insólito, ser o primeiro defensor da crise hipotética,.. isto é de traca! 

    Pero o seu circuíto de despropósitos complétase cando xa desacreditado nos foros internacionais e por tanto descapitalizado de solvencia, por obrigada alternancia, correspóndelle cubrir a presidencia de quenda da UE. Aquilo foi deprimente pois o seu semestral mandato resúmese en dar paus de cego e facer de teloneiro dos auténticos executivos Herman van Rompuy e Durao Barroso, sendo por esa carencia de peso político e precariedade dirixente, que aquel compromiso seu realizado en sede parlamentaria sobre o levantamento do Veto de ASTANO nunca fora plantexado en Bruxelas.


    Ao final clausurou o seu mandato ficticio co rabo entre as pernas, traendo consigo como único balance da súa estadía, a imposición dunhas dramática medidas de axuste que en se mesmo eran froito e consecuencia da súa informalidade como administrador do estado

    Sr. Zapatero en diante, cando intente emular a Maquivelo, sería procedente que afondara na súa obra e reflexionase sobre aquel criterio do escritor florentino, cando refería que a prudencia consiste en saber coñecer a calidade dos inconvenientes e tomar por bo o menos malo, e teña por seguro que se recolle cumprida nota e aplícalla, dará Vostede o primeiro paso para devolverlle á política a dignidade que lle ten regateado, pero non pense  que o lio amáñase con cambios ministeriais 

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook