Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 22
    Julio
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Os usufructuarios do franquismo

    Observante coa súa condición protectora e de complicidade co antigo réxime, a extrema dereita española lonxe de actuar por libre, por coincidente afinidade, continúa encapsulada no franquismo do PP
    Os usufructuarios do franquismoO martes último, 18 de xullo, cumpríronse 81 anos do golpe militar que deu ao traste coa II República Española e co Estado democrático e de dereito que esta instaurara.

    Oito longas décadas desde a orixe dunha atroz guerra civil e unha férrea ditadura ulterior, en cuxo período, miles de persoas foron vilmente asasinadas e os seus restos mortais xacendo en cunetas e fosas comúns; sen que a instauración do réxime do 78 modificase en nada tan degradante situación, pois a inhibición das “institucións democráticas” en investigar as circunstancias e xulgar aos autores destes crimes foi ostensible, unha deprimente realidade que impediu aos familiares das vítimas poder enterralas dignamente.

    Tal é así, que ao día de hoxe continúan impunes os xuíces que arbitrariamente condenaron, aqueles que exercendo cargo político aprobárono , como tamén, os que voluntariamente foron membros dos piquetes de execución daqueles asasinatos "legais"; e todo, como consecuencia dunha planificada obstrución por parte do aparello do Estado a calquera posibilidade de xulgar o franquismo e os seus excesos, ata o extremo que as vítimas ante o desamparo, non tiveron mais remedio que recorrer en defensa dos seus dereitos a instancias internacionais.

    Pois a nova democracia española, máis que ser ese referente modélico e exemplarizante que se nos conta, foi resultado do simulacro empregado pola propia ditadura tanto para maquillar a súa imaxe como para favorecer o tránsito cara á consolidación do silencio e esquecemento de todos aqueles que sufriron e padeceron os ásperos anos de represión franquista.

    Neste contexto a ninguén nos seus cabais debe estrañar que no transcurso dos últimos anos , de forma reiterada, o noso país fose apercibido por Nacións Unidas polo seu belicoso comportamento para con con os represaliados polo franquismo, pola xeneralizada impunidade e o rexeitamento para reaccionar fronte tales atropelos.

    Denuncias do foro internacional que non só foron desatendidas, senón que España ademais de facer caso omiso, reaccionou radicalizando as súas políticas en materia, eliminando a través de subterfuxios toda posibilidade de desenvolvemento da lei de memoria histórica e de xustiza para as vítimas do franquismo, ademais de deixar sen efecto o principio de xurisdición universal.

    Sempre dando a nota e aparentando o que non somos, ata raiar no ridículo de erixirse en adaíles do cumprimento dos dereitos humanos en países como Venezuela, ao tempo de exercer como transgresores das nosas normas xurídicas máis esenciais.

    Unha estraña forma de impartir docencia política, dando leccións aos demais, cando temos un suspenso como mellor nota no cumprimento das nosas obrigacións legais; cuestionable credibilidade por tanto, a dun país que mantén posicións co exterior contrapostas coas de aplicación xenuína

    Que o PP como dereita herdeira, familiar, social e ideolóxica, do franquismo, ostente o poder do Executivo, nada axuda a corrixir a actual situación de deterioración, pois os seus vínculos de dependencia lle coartan para promover a acción da xustiza en razón á impedimento que representa a súa condición de protector e cómplice do antigo réxime.

    Sendo de constatar que por máis aparencia democrática que tente proxectar o certo é que non é asimilábel coas formacións conservadoras do resto da UE, tendo en conta que a dereita española presidida por Rajoy, polo seu facer, correspóndese taxativamente coa ultradereita europea.

    Por mais que se disfracen de liberais, a dereita deste país é antidemocrática e con veleidades fascistas, así o testifica polo menos a súa defensa pechada daquel réxime de 1939, e a súa adhesión á corrupción , tan sinónima do franquismo como inseparable do mesmo ; outra das herdanza recibidas, que por xeneralizada implicación ademais de seguir beneficiando ao mesmo conglomerado empresarial que prosperou á súa sombra, sexan hoxe quen á súa antollo continúan manexando as rendas da economía e favorecendo a proliferación de casos de corrupción e degradación política
    Os usufructuarios do franquismoEstes que non outros foron as achegas da Transición, un cambio de aparencia e de modificación concernida dos malos hábitos, transitando do descaro ao sixilo; para que así, á continuidade na trasfega de maletíns , o pago de comisións por obras e servizos públicos, é dicir, o que antes se definía como roubo e espolio, pasara a denominarse como enriquecemento ilícito, lavado de diñeiro, suborno ou tráfico de influencias; e as mordidas e pringues dos políticos, por adecuación semántica trouxesen consigo o obrigado acompañamento da presunción de inocencia

    É imprescindible xa que logo, para a saúde democrática do país, que o conxunto das institucións do Estado, en primeira instancia as xudiciais, afronten como propia o cumprimento da acción da xustiza, para que dunha vez por todas o actual situación de degradación teña os días contados

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook