Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 23
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    PERLIO 1900, O TREN

     Sen dúbida que a parroquia de Perlío do  concello de Fene, foi un dos referentes máis significativos nos cambios territoriais habidos na comarca durante o pasado século XX, iniciando a súa transformación co nacemento do ciclo centenario, pois foi  no ano 1900 cando se inicia o proxecto de implantación da rede ferroviaria Betanzos - Ferrol, despois dunha longa espera, tendo en conta que  os problemas burocráticos mantiveron estancado o proxecto por un período de 50 anos, ata que o betanceiro ministro  Laureano Linares Rivas deu o impulso decidido  para levantar aquel veto “oficinesco”  e posibilitar o inicio das obras. 

    Aspecto curioso representábao o emprazamento da estación ferroviaria cuxa localización era coincidente, co emprazamento  da  marquesiña que en tempos recentes  a  ADIF instalou na plataforma como  cutre apeadeiro, sendo curioso que devandito enclave estivese situado mesmo ao comezo dunha pronunciada pendente no trazado da rede, aspecto único e contraditorio coas directivas  das construcións ferroviarias, pero tal extremo neste caso tan só foi  o testemuño determinante  de que sempre hai a excepción que confirma a regra . 

     

    Á marxe da súa tipoloxía  arquitectónica que obedecía á uniformidade do clásico estilo ferroviario, o conxunto dos edificios deste equipamento ( Estación, Almacén), tiña a excepcionalidade de ser o único en todo  o trazado do ramal cunha distribución en planta  sen coincidencia co estándar, por canto, súa representación en obra, alteraba a constante análoga   da posición lineal da totalidade das estacións, impóndose un formato  de desdobramento edificatorio a ambas  as marxes da  vía

     

    O que pode resultar descoñecido, é que o devandito emprazamento, foino, por imperativo de influencias persoais, tendo en conta que orixinariamente, a estación tiña a súa localización  prevista na planicie de Tellerias, pertencente á veciña parroquia de Fene (ao sur do actual barrio de San Valentín). O influente capaz de impor a variación non foi, outro que don Aquilino E. Alonso, coa curiosa coincidencia,  que o marco territorial de recolocación, era da súa pertenza, do mesmo xeito que a gran maioría do parcelario contiguo incluídos, como aconteceu ser  os solos da estrada da estación que posteriormente levaría o nome da súa dona Antonia Montero.

     

    Pero se podemos insinuar os supostos beneficios que se quixo cobrar este  xerarca coa implantación do servizo ferroviario, en lóxica neutral, tamén debésemos  mencionar os prexuízos ocasionados, por canto a rede ferroviaria, creou dous ámbitos ou fraccionamento nos 1,2 Km  do seu discorrer parroquial, e aínda que súa afección foi xeral, por dimensión do nivel de afección, os estragos ocasionados ao  seu patrimonio, tomaron maior escala, por canto, a traza viaria resolta a través dun recheo en noiro, partiu en dous a ampla extensión dos seus dominios, que desde a súa vivenda, alcanzaban a localización da súa Ostreira a 600 m, de distancia,   cuxa localización estaría á altura do a cabeceira  do taller de bloques planos de Astano, 

    Aquela alteración territorial, deu orixe a un novo reordenamento dos tránsitos, construíndose unha rede viaria alternativa ( Estrada da Estación, orixe da Rúa Hortelá, actual traza da  Rúa da  Torre) 

     

    A casa matriz que construíra ao bordo do Río Cádavo, na parcela hoxe en día ocupada polas Vivendas de San Valentín  de Perlío,   era un expoñente  de capacidade e  riqueza, un conxunto onde ademais da  exquisitez arquitectónica  da  vivenda principal, contaba con outra  encostada para uso e estancia dos caseiros, habendo de engadir ao complexo residente  a existencia de edificacións auxiliares,  cortellos, carruaxes, etc., así como unha ordenada e coidada horta nas leiras anexa.

     

    A conexión  coa esfera do poder  daquel funcionario público que chegado doutras latitudes de sur galaico  asentara seu feudo na parroquia, resultaba  evidente, e unha mostra diso confírmao a excepcionalidade dun testemuño sen parangón, tal resulta, que antes da inauguración oficial do ramal Ferrol-Betanzos en 1913, o 4 de Febreiro de 1.912, un tren especial que trasladaba  ás súas maxestades  os reis Alfonso XIII e Vitoria Eugenia á cidade departamental para asistir á botadura do acoirazado España, aínda levando itinerario directo,  detense  en Perlío, para que   Aquilino E. Alonso e súa consorte, rendan recoñecemento ás súas maxestades  e fáganlle entrega á raíña dun ramo de flores.

     

    Por esta anécdota, ferroviaria, sería doado encadrar a este persoeiro como un expoñente do mais rancio caciquismo, pero non é aconsellable facer xuízos de valor sen coñecer en profundidade a realidade dos seus feitos e o mérito do seu  compromiso social, quizá sabéndoo, alguén caería na conta  porque nun concello como Fene  de consolidados hábitos democráticos, a tempo presente, unha das súas rúas mantén o  nome de Aquilino E. Alonso e outra o da súa dona que o fora,  Antonia Montero.

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook