Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 08
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    PERLÍO 1960: AS PIAS

     Somos xa poucos  os nativos  de Perlío que podemos reconstruír desde os recordos da  mocidade, como era a  realidade orixinaria da nosa fisonomía territorial polo  bordo litoral do noroeste  da parroquia; a verdade, que se sobrepomos o cliché  retentivo da temperá adolescencia coa realidade presente, a notoriedade do cambio resulta tan oposto, que facilmente,  a confusión levaríanos a pensar que estamos a nos referir a ámbitos xeográficos distintos.

     

    Esta fronte  litoral á ría, tiña o encanto que achega  esa veciñanza permanente  do mar coa terra, a frescura  do seu predominante  verde boscosos, asucado de senllas  sinuosas sobre unha pronunciada orografía onde se localizaban as  ”pías megalíticas” determinantes do seu topónimo, que ademais,  achegaban  un fulgor de maxia  pola  súa connotación coa espiritualidade castrexa.  Sen paixón  narrativa,  hei  de dicir que  era unha contorna suxestiva un lugar que pola súa beleza, até resultaba gratificante perderse adrede.

     

    Para o lector, por concreción de emprazamento, dicir,  que  As Pías,  era unha franxa contigua á ribeira fenense da ría, que polo Leste, formaba un continuo litoral con O Regueiro hoxe desaparecido baixo o recheo de San Valentín, para crebar dirección  Sur, e   proseguir o seu encontro coa Ostreira actualmente  dormente baixo terreos de Navantia. Na  súa elevación prominente   empolicábase o arquitectónicamente  emblemático  chalé de As Pías,  que fose estancia estival de José María González  Llanos, fundador de ASTANO e posteriormente, residencia habitual da familia  Beceiro Ballester, xente entrañable e moi apreciada  pola miña banda.

     

    Aquelas “pías megalíticas” baleiradas directamente   sobre os penedos sobresalientes no lugar, no  meu recordo, débil pola temperá idade e o paso do tempo, aínda así e a todo, teño  presente que seus  ocos ademais de distinta profundidade,  tiñan unha  tipoloxía xeométrica variada, elípticas unhas, rectangulares outras, e unha por única, centraba  a atención  pola súa forma de pirámide  investida, que nós dabamos en chamar o funil.

     

     A distribución  heteroxénea e a súa profusión  reiterada  pola ladeira litoral desta necrópole celta era a  característica deste enclave,  que por afinidade apuntaba vinculación co castro de Cardoeiro, localización próxima,  anexo á igrexa de Perlío, que tamén fora  desmontado parcialmente daquela  para recheo do estaleiro.

     

    Na excavación  deste enclave castrexo  en épocas onde a protección destes xacementos era inexistente, é obrigado recoñecer  a sensibilidade demostrada  polo acreditado profesor don Emilio  Marín, quen «de motu propio» baixo tolerancia dos promotores, erixiuse en coordinador   á fronte dun nutrido grupo de estudantes, que baixo a súa dirección,   recollemos  un importante  referente dos restos arqueolóxicos existentes para o seu rescate e catalogación.

     

    Na década dos 60 aquela necrópole prehistórica, pola acción das excavadoras e o transporte dos camións, pasou a formar parte do leito mariño da ría e agora xace baixo os talleres de Astano, e toda esa entrega,  ese sacrificio, todo esa renuncia  ao  noso patrimonio históricos e ao noso medio ambiente natural, ao final, deu de si  o cruel resultado dun  estaleiro infrautilizado e  inactivo, polo visto, aquel desmonte cambiou de localización, pero non  perdeu a súa condición de necrópole.

     

    Nesa    época como broche final, cando  os influentes  promotores da factoría, para vantaxe do estaleiro,   lograron  que a administración afrontase a  execución daquela obra de enxeñaría civil denominada Ponte del Caudillo, por se o prexuízo causado   ao medio litoral non fose cuantioso co actuado,  como puntilla,  impediuse a rexeneración natural do medio físico do fondo de ría, a través dunha solución adoptada  consistente  nun pedraplén predominante, aliviado cos  escasos ollos dunha ponte  de restrinxido investimento que cortou as correntes naturais do medio mariño , alterando a salubridade das augas e a proliferación de decantación de lodos en suspensión que destrúo a riqueza  natural da súa ribeira.

     

    O  17 de outubro de 1968, nun alarde de vaidade,  foi o  propio xeral xefe do estado, quen  cortou a cinta de inauguración do denominado inicialmente  “ponte del caudillo”, pero por máis que a oficialidade outorgáselle tal denominación, en coincidencia merecida  á raíz territorial de orixe  de partida   daquel  desaparecido enclave histórico, a voz  popular nun  implícito exercicio de consecuencia ,    impuxo a denominación do topónimo As Pías con sinal   de posteridade, aspecto  salientable,  deixando  á marxe a mal vista  solución e deseño desta infraestrutura.

    Idéntica garantía de porvir e continuidade no tempo tería o propio estaleiro, se os avatares da historia non posibilitasen que   o seu futuro quedase a expensas da decisión  da confraría  da rosa en puño e dos seus agremiados  comarcais.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook