Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 16
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    PÚBLICA OU IMPÚDICA

     As resolucións da contratación pública na nosa Galicia, cheira a podrecido, por iso resulta urxente a constitución dun órgano de inspección que aleatoriamente verifique e contraste as actuacións das Mesas de Contratación, arrogado de facultades para a suspensión do procedemento de licitación en suposto de irregularidade manifesta e atribuido de facultades para directo traslado á xudicatura.

    ........................................................................................................................................................................................................

    As noticias divulgadas unha vez levantado o segredo do sumario da escandalosa operación Orquestra e transcendido o contido detallado do mesmo, obviamente, a calquera empresario que concorra aos procedementos de contratación das administracións públicas, impónselle como mínimo un exercicio de reflexión sospeitosa, por canto, a inconcibible natureza dos feitos convértese en factor detonante de alarma social.       Se por avatar ou coincidencia descubriuse unha trama corrupta de adxudicación de obras burlando a esixencia do cumprimento regulado dos procedementos administrativos, por inercia, tan accidentada continxencia xera a natural desconfianza que proxecta un sentir de receo xeneralizado, deixando en dúbida a concepción de excepcionalidade casual, albergando cabida a pensar que tales métodos ten sinal de práctica usual.       Os sorpresivos acontecementos que en primeiro termo aparentaba ser unha cortina de fume sen demasiada consistencia, para sorpresa de veciños e estupefacción xeral, traduciuse non só na implicación duns crápulas metidos a políticos exercentes de alcaldes e concelleiros, senón que a dimensión e escala do entramado, aparte, arrastrou ata o esterco da indecencia a técnicos e funcionarios municipais, sobre os que se desprende participación activa como artífices nas turbias manobras de infracción dos procedemento de contratación a favor dunha empresa adxudicataria, que en pago, satisfacía suculentas peaxes como pago de favores polos tratos de vantaxe recibidos.      Tamaño quebrantamento non fai máis que incrementar o grao de desconfianza que envolve a contratación pública, resultando que con anterioridade aos referidos acontecementos da Costa da Morte, a detección de irregularidades procedimentais na baremación das ofertas de licitación resultaba un todo habitual, sendo sistemático a comisión de arbitrariedades na pluralidade institucional, que por se mesmo supón a inobservancia das determinacións que establece a lei 30/2007 de Contratos do Sector Público.         O encontrón entre a teoría e a praxe resulta palpable, transcendendo sorpresivamente o regateo de deberes contractuais que por imperativo legal teñen condición de obrigado cumprimento, resultando pasmosamente contraditorio, aspectos como:   A adxudicación sen recoñecemento de audiencia a licitadores en situación de baixa desproporcionada - a incorporación de ofertas excluídas previamente durante a apertura do sobre económico, cando xa era de público coñecemento a puntuación do sobre técnico - a alteración de puntuacións sobre alegación de erros materiais de cálculo - a ocultación dos resultados de valoración nas plataformas de contratación - etc, etc.; aspectos estes que transfiren aos procedementos, nulidade de pleno dereito, sendo sorpresivo que por parte das asesorías xurídicas das mesas de contratación, non se promova a advertencia preceptiva sobre desaxuste a determinacións legais.      Pero se a tramitación adoece do rigor necesario, resulta cando menos máis sorprendente o uso e abuso que as administracións públicas utilizan á hora de seleccionar a modalidade de contratación, impóndose sobre maneira, a tipoloxía do procedemento negociado cuxo contrato é adxudicado a empresario elixido pola propia administración contratante que paradoxalmente resulta recaer en empresas foráneas, é dicir, que foron seleccionadas polos representantes políticos noutras partes da xeografía, sen considerar as empresariais de radicación xenuína que resultan estar exclusivamente para pagar os impostos.       As administracións, debesen obrigarse consultivamente á opinión das asociacións empresariais como representantes da masa licitadora, a fin , de determinar os sistemas de contratación, que salvo excepcións xustificadas, como regra xeral, debese estar presidido polo procedemento aberto como garantía do principio de publicidade, transparencia e concorrencia que debe rexer a contratación pública.       A xulgar polos repetidos escándalos, as administracións públicas non poden ser a ultima peza da resolución contractual, por canto tal circunstancia como queda farto demostrado deixa chave aberta á comisión de excesos, irregularidades e corrupcións, sen que os prexudicados teñan garantido seguridade xurídica dos seus dereitos en vía administrativa, por canto, na actual conxuntura pódese dar a dicotomía, que quen incorre en delito teña atribucións conferidas para a resolución do recurso potestativo de reposición.      Por todo iso resulta urxente a constitución dun órgano inspector, cuxos compoñentes, de modo aleatorio e por método de sorteo, sen previo aviso, acúdan á institución que resulte, ao fin de supervisar os expedientes de licitación antes da adxudicación definitiva, verificando o actuado polos membros da Mesa de Contratación (rama - técnica, xurídica e política), debendo estar atribuidos de independencia funcional e competencias de traslado á xudicatura se as circunstancias inducíseno.       Os muros que deslindan o ámbito das institucións non poden resultar infranqueables, debendo considerarse esta iniciativa inspectora como unha fórmula de apertura á transparencia, e tamén, como un eficiente e necesario antídoto para políticos e funcionarios con descoidada moralidade.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook