Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 14
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rajoy nas cordas

     Tan graves feitos, poñen ao descuberto que o actual goberno do PP, é incapaz de articular solucións efectivas aos graves problemas do país, limitando a súa función, ao degradante papel de gardiáns dos mercados.

     

    Quen escarmentado dos políticos  dificilmente sorpréndese das súas fazañas, ten de recoñecer  que esta vez quedou atónito, cando, o pasado mércores o presidente Rajoy, situado na tribuna do Congreso,  lanzou seu último escarnio, definindo  o estado da nación nestes  termos; "na situación actual hoxe en España crecer e crear emprego non é posible, atravesamos a segunda recesión máis grave da nosa historia".

    Despois de tamaño disparate, a continuación, destapando o frasco das esencias por non variar a súa tendencia polo ritmo do  absurdo,  amparándose  na devandita coartada, tenta xustificar unha batería de medidas arbitrarias,  destinadas a incrementar a capitalización  do  Estado, á conta de subtraer dereitos básicos duns administrados convertidos no chivo expiatorio  dos prexuízos causados por quen  agora toman a vantaxe de ser rescatados.

     


    A estas alturas, coñecido o percal  xa non é crible ,  pois o castigo do mentireiro é non darlle crédito. A sociedade sabe sobradamente  que o importe  deste sacrificio, para nada ira destinado ao crecemento ou á xeración de emprego, sendo de sobras   notorio que integramente será aplicado  en satisfacer  a avaricia dos mercados, quen  en España, teñen  coa débeda o mais efectivo dos seus negocios  e no PP o seu máis fanático e intransixente recadador.


     

    Tan graves  feitos, poñen ao descuberto que o actual goberno do PP,   é incapaz de articular solucións efectivas aos graves problemas do país, limitando a súa  función, ao degradante papel de gardiáns dos mercados. Labor, que  veñen dispostos a cumprir custe o que custe, e impor se cadra,   cantas medidas  excepcionais sexan necesarias para frear toda reacción reivindicativa que impida a consumación de tan  extravagantes decisións. Con todo a fatalidade destas  inapropiadas accións de goberno teñen por soporte a deslexitimación  de quen usurpa  o poder executivo facendo do engano a súa  norma de conduta, e como contraste non hai mais que remitirse á mutación do contraído electoral.


     

    Se por isto fose pouco, a cuestión agrávase  cando o noso presidente  non repara en asumir  sen réplica  o rol adxudicado ao noso país como  protectorado alemán,  e en correspondencia a iso , con disciplina prusiana acatar as directrices indicadas  pola chanceler Merkel, cuxa única finalidade   é manter a estratexia dos  rescates, impondo ao efecto unhas condicións de axuste, que por desmedidas e inadecuadas   non conducen a nada positivo, salvo, satisfacer a argucia da súa promotora,  que non é outra, que evitar a crise interna do goberno xermánico á conta de      endosarlla  ao resto dos  países da órbita periférica.


     

    A estratexia que referenda o goberno de Rajoy, desinfla ademais o seu propagado  arraigamento patriótico, pois pouca estima pódelle ter  ao seu país, quen secunda  a actual interrelación entre  a economía  da UE e o arbitrario goberno das súas finanzas, cuxos resultados farto sabidos, ademais de reducir  a súa marxe de manobra, en razón ao elevado nivel de débeda,  sitúanlle nunha recesión    irreversible. Iso é así  por máis salvación que se prodigue  a través dun  incoherente rescate das entidades financeiras, cuxo implícito, á parte da  condicionalidad manifesta, que  han de ser  os cidadáns os que asuman o custo, subtrae competencias de fiscalización e intervención, outorgando exclusividade  de control foráneo, convertendo ao  propio executivo do Estado nun grupo de bufóns  exentos de capacidade  decisoria.


     

    O señor Rajoy, debese desprenderse  da súa enfermiza docilidade en prol do xermánico,   e  nun acto de valentía, tomar exemplos das recentes medidas económicas do  seu outro socio na Unión,  o francés Hollande, quen, sendo correcto cos  seus compromisos electorais, recentemente, anunciou un unha gran reforma fiscal no país veciño, cuxo contido é toda unha mostra determinante de que  existen formas mais sensatas de facer política.

     


     

    Así, facendo fronte a mais estendida doutrina económica fundamentada  na  férreas aplicación  de medidas de austeridade,  alternativamente apostou de forma decidida por unha política de crecemento na liña de aumentar os  ingresos, en detrimento da redución do gasto, ao efecto de alcanzar unha redistribución da riqueza  co ánimo de estimular  o consumo e potenciar o desenvolvemento.

     

     


    Claro que en Francia,  non foi o IVE, nin  os sufridos   funcionarios, nin tampouco os parados, os referentes de intervención. En territorio galo,   a subida  impositiva  centrou a súa repercusión  nas  grandes empresas, bancos e petroleiras, como principais  referentes recadatorios das  medidas dirixidas  a regular o déficit do país. Tendo  de engadir a iso, outros aspectos  de salientable  notoriedade , léase, a  aplicación de gravame  progresivo a perceptores  de grandes  ingresos, o establecemento dun imposto de transaccións financeiras, ademais de garantir aos   funcionarios  unha estabilidade xeneralizada, etc,etc.


     

    O acollemento a políticas acordes, é a  única  solución para  evitar pór fin á  lexislatura,  anticipadamente e de mala maneira, risco que está a correr o actual goberno senón pon freo a tan  inapropiada deriva.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook