Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 24
    Septiembre
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Reflexiona que hoxe é o día

    Poucas luces e excesivas sombras son a referencia da maioría dos programas electorais, que elaborados para non ser cumpridos, utilízanse en tempo de eleccións ao só obxecto de acadar rendemento electoral.

    Reflexiona que hoxe é o díaDesde as primeiras eleccións xerais tras a morte de Franco ata os comicios galegos de mañá, celebráronse a nivel de Estado un total de 183 procesos electorais, ou o que é o mesmo, o país dedicou durante este período un acumulado de medio ano a xornadas de reflexión, é dicir a cumprir coa veda electoral como hoxe ocorre, con esa tradición que chegou da man da democracia coa teórica finalidade de protexer o voto dos electores, pero que se na súa orixe puidese ter fundamento argumental , na actualidade converteuse nun completo «sen sentido».


    E iso entre outros aspectos polo inicio da era dixital e o auxe que representan as redes sociais que polo seu carácter incontrolable fan cuestionar a eficacia desta prohibición creando unha situación anacrónica que recomenda revisar a lexislación electoral.


    Sobre todo cando é de sobras sabido que esa limitación non pasa de ser un eufemismo político, unha tregua inútil, tendo en conta que mais alá do imperativo legal é difícil asumir que alguén nos seus cabais reflexione pouco ou moito o sábado previo á cita coas urnas, cando os concorrentes ao proceso electoral, salvo excepcións, mais que apelar á intelixencia dos votantes, co seu anómalo proceder incítanlles a cuestionar a fiabilidade das súas promesas e por tanto a deducir que os seus ofrecementos non pasan de ser estériles estratexias de márketing electoral, ineficaces e de nula fiabilidade.


    Aspecto que deixa sen materia de análise á cidadanía para que esta poida reflexionar coa debida solvencia, e motivo sobrado por tanto para afirmar que a tempo presente e na actual situación, esta paréntese exótica de vinte e catro horas entre a campaña electoral e as votacións é un completo despropósito; non sendo esta a afirmación unha invitación para devaluar o marco legal senón unha simple apelación ao sentido común da súa obrigada reforma.


    Sendo recomendable en tanto esta non se produce proceder en consecuencia mitigando o patrocinio rigorista a tal restrición para envorcarse expresamente no cumprimento do esencial, que pasa por cumprir coa limpeza do proceso electoral para así garantir con solvencia o pronunciamiento da soberanía popular nas urnas


    Pero ademais da desvantaxe que representa a influencia da era dixital sobre a xornada de reflexión como antesala do voto, hai outros aspectos moito mais perniciosos para o mantemento da súa vixencia, e valla como referente as sistemáticas mentiras electorais que sen ningunha dúbida debesen ser tipificadas como delitos punibles, desde o punto e hora que coa súa práctica ademais de terxiversar a realidade estase a xogarse coa vontade dos votantes nun claro intento de acadar a súa confianza nas urnas por medio de artificios e enganos .


    Un exercicio de cinismo e do todo vale, mediante a utilización da literatura de ficción dos programas electorais como tapadeira , para atreverse así a proferir consignas a propósito de estar a falsificar a finalidade das súas intencións , desprezando dese modo o principio de ética como forma de facer política , unha práctica que encobre unha turbia complexidade e un aberto desprezo ás mínimas formas democráticas., onde a demagoxia envólveo todo para converter en anécdota as eventualidades do proceso electoral.


    Por iso é polo que os electores á vista dos feitos, mais que cinguir a súa reflexión ao formalismo das estipulacións da lei electoral de 1985. o sensato sería que o fixesen co obxectivo posto en dignificar e rexenerar a vida política, evitando de antemán ser presa de seducións de fascinación política, xa que as eleccións deben operar como mecanismo retrospectivo en protección dos intereses da cidadanía, sendo por iso que a súa actitude, mais que deixarse guiar por cantos de sirena, debese consistir en compensar ou sancionar aos candidatos nas urnas, como única fórmula de conferir solvencia á función política sobre a base de un vínculo de efectividade programática entre partidos e electores.


    Non debendo esperarse por tanto síntomas de rexeneración se tal circunstancia non se produce, ou cando os políticos obrigados a pagar custos electorais pola violación do seu mandato, a pesar de enganar aos seus votantes con relación ás políticas ofrecidas durante a campaña electoral, conseguen eludir o castigo e reafirmarse no poder mantendo a súa continuidade.


    Reflexiona que hoxe é o díaCando isto ocorre como resulta ser o caso, evidénciase que a cidadanía mais que estar educada no voto crítico padece colectivamente unha síndrome de Estocolmo electoral, unha situación tremendamente complexa que impulsa a reflexionar sobre tan anacrónica desviación de conduta para chegar a saber en que pensa o votante, para conducirse en dirección oposta á os seus propios intereses.


    Contra o devandito, o día de hoxe si suscita analizar esa incógnita como tamén alcanzar a resolución debida, en razón á súa condición perentoria e toda vez que mañá xa sería demasiado tarde.

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook