Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 26
    Enero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Salvar ao intendente MR.

     

    Para saír do labirinto, é necesario preguntarse . ¿De onde  proveu o diñeiro  que alimentaba  a suposta caixa B que  administraba o tesoureiro do PP?. Despexar esta incógnita ten  de ser  o factor esencial para chegar ao fondo do asunto.

    Nunha das súas frases soadas o certeiro Mario Benedetti, viña a dicir. "Cando criamos ter todas as respostas, de súpeto, cambiaron todas as preguntas". Pois xustamente iso, variar o cuestionario é o obxectivo  que se marca o  PP ao incluír por sorpresa e con carácter retroactivo, a realización dunha auditoría externa como  nova materia,  nun  claro  intento de gañar  tempo e dificultar a resolución a curto prazo, do conflito  de corrupción  destapado por un temido  Bárcenas.  


    Aquel tesoureiro do partido conservador, que  ao parecer, agora cando a man da   xustiza pulsa o timbre da súa porta e os  da casa  abandónanlle á súa sorte, el, desconforme, revólvese ameazante, mostrándose  disposto se cadra, a levar por diante  ao conxunto  da  cúpula "popular".   

    Pero que ninguén  perda os estribos  que o bo está por vir, pois isto, só é  a  refrega   que antecede a toda guerra.  ! Se en política denotamos   corrupción, benvido  o zafarrancho..!


    Os 22 millóns  de euros que o referido implicado rmantivo  depositados na banca helvética, é evidente que non saíron  do  seu soldo de senador, pero  si do posto de tesoureiro que desempeñaba en Xénova 13, e todo indica que esa contía  formaba parte doutros  moitos millóns  de diñeiro  sen control contable, circunstancia, que ademais  de posibilitar  o desvío e apropiación sen deixar  rastro,  pola súa opacidade, tamén alimenta   a sospeita  que as irregularidades no financiamento do Partido Popular  formaban parte da  orde do día. Máximo cando as pistas  apunta a deducir que o monto global  das percepcións en B,  que pasaron  polas mans deste  receptor, superan con fartura    os 75 millóns de euros. .


    Para saír do labirinto desta turbia  capitalización económica, é necesario preguntarse . ¿De onde  proveu o diñeiro  que alimentaba  a suposta caixa B que  administraba o tesoureiro do PP?. Despexar esta incógnita ten  de ser  o factor esencial para chegar ao fondo do asunto; pero   iso non se logra con absurdas auditorías sobre unha  contabilidade expurgada, como tampouco  en foro parlamentario promovendo parodias de amnistía fiscal, nin moito menos a través de abstraccións,  co  intento de facer crer á cidadanía  que tras da  monumental algarabía, só existe a identidade e a culpa dun caixeiro corrompido. 


    Alucinante  forma de negar   todo vínculo de relación  entre o receptor  do diñeiro, os destinatarios  da repartición  e a trama de corruptores. Penoso  vodevil onde os actores protagonistas  empéñanse en adxudicar a autoría unilateral dos  feitos a un  pérfido  Bárcenas, mentres  proclaman  aos catro ventos  que a súa  organización política  é allea ao sucedido. Insólita evasión que por disparatada forza crear un nexo de equivalencia para asimilar  ao  ex tesoureiro "popular" co   incauto electricista que subtraeu  o  Códice Calixtino.  

    !Isto é realmente patético!


    É por tanto preciso concretar,  que a corrupción é un virus político  que contaxia  os procesos de contratación pública e cuxa consecuencia non é outra que a apropiación indebida dos fondos que achegan os contribuíntes, debéndose  matizar que a estendida propagación do contaxio  obedece á carencia do  antídoto apropiado. Condición oportuna para prescindir dos procedementos administrativos regulamentados, como tamén,  para  burlar os controis establecidos e posibilitar con iso   que os potenciais corruptos campen ás súas anchas.

    Agora ben, politicamente sen ostentar cargo institucional   é imposible tomar partida e contrapartida  en operacións  de corrupción, e por tanto, o tesoureiro do PP, de ter recibido diñeiro desa procedencia, sería o suxeito receptor do lucro proveniente de turbias operacións promovidas directamente por políticos  do PP, quen  de seu serían os  auténticos  corrúptos. 


    A pesar de todo, aínda sabendo que o oposto á corrupción  é a transparencia, a cúpula do PP segue no seu ritual  de rexeitar esa evidencia, apostando pola   continuidade e a blindaxe  contra as acusacións,  sen medir o risco que representa enfrontarse ao sentir maioritario da  cidadanía, que a seu xuízo de valor  sitúan  aos políticos, os partidos e a política en xeral como o  terceiro problema do país, seguidos en cuarto lugar  pola  corrupción e a fraude. Por iso é polo que esa manobra    de ocultación  poida resultar  demoledora, pois todo apunta a concluír, que ante o electorado, negar a corrupción equivale a compartila. 


    Pero ao parecer a estratexia na  sede central do PP, circula en dirección oposta ao procedente, extremo que  orienta a pensar que a dimensión do escándalo  supera  as sospeitas mais pesimistas  e que o recoñecemento da realidade afectaría directamente  á  cúpula  do partido causando efectos devastadores. Sendo tan comprometido inconveniente a causa para chamar a formar,  ordenando  pechar filas  e  ditando a consigna de salvar  ao intendente MR.  


     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook