Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 04
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Silencio cómplice

     

    A Administración, mais que tomar sensibilidade da situación creando as condicións apropiadas para pór en valor os únicos   activos  capaces de impulsar a reactivación , non tan só decide tomar  dirección contraria, senón que  detén a súa expansión.

    Á marxe  da oligarquía financeira, esa poderosa  elite, titular dos monopolios industriais e bancarios que dominan ao seu antollo a economía e a política, o resto dos operadores, PEMES e autónomos  que a pesar da    desatención  institucional exercen como  verdadeiros impulsores  da dinámica  produtiva e únicos referentes da creación de emprego.   Coa posta en práctica  dos  novos axustes aprobados  polo Executivo do PP, é evidente, que  a súa debilitada vitalidade  sufrirá  un novo contratempo  que  porá en serio perigo a súa continuidade, polo incremento de vulnerabilidade que ditas medidas  inducen.


    Nun país onde o peso específico acumulado entre as  PEMES e os autónomos supera o estándar medio  dos países membros da Unión,  cunha  contribución ao seu tecido empresarial superior  ao 99 por cento do total, e unha achega ao emprego  en torno ao 80 por cento  da masa laboral. Resulta irónico  que  no canto de recoñecerlles a función preferente que desempeñan   como ferramentas propulsoras  do crecemento e o desenvolvemento social, en razón  inversa, a pesar de ter alcanzado os  5,7 millóns de parados cunha  taxa de desemprego do  24,63%, óptese, por establecer  obstáculos e barreiras que limiten  a súa función dinamizadora, freando súa tendencia histórica por imperativo da arbitrariedade política.


    Aspectos como o incremento  de retención  do IRPF nas actividades profesionais, en seis puntos, o aumento do IVE nas súas distintas modalidades  coa continuidade   do adiantamento de pago sen ter cobradas as facturas, sumado á ampliación da  recarga de equivalencia, nun coma dous puntos, e o engadido da liberación de horarios comerciais en certas  actividades  Todo este cúmulo de factores negativos  aplicados a estes sectores no  contesto  da crise económica que atravesamos, será o factor indicativo para que  moitos  autónomos e PEMES, perdan toda esperanza de recuperación e  fuxindo de maiores prexuízos decidan  pór peche á súa actividade.


    A contradición está servida,  e aquela aposta electoral do actual executivo  polos  autónomos e as  PEMES como motores da economía e  referentes do  impulso para saír da crise, a estas alturas, agora  decaídos do seu empeño, só cabe lembrarlles, que ambos os sectores, tan  só poderán sacarnos da  crise si se lles deixa, e paradoxalmente, cos  últimos axustes  de aplicación,   non se fai  senón prexudicar a súa estabilidade, eliminando  calquera esperanza de recuperación. 


    Así, mentres  o país  segue sendo  portada de actualidade informativa en razón  á  complexa situación económica, a Administración, mais que tomar sensibilidade da situación creando as condicións apropiadas para pór en valor os únicos   activos  capaces de impulsar a reactivación , non tan só decide tomar  dirección contraria, senón que  detén a súa expansión.  O mais concreto  expoñente de tal afirmación represéntao a freada do propio goberno á Lei de Emprendedores, que  agora  terá que esperar "sine die", despois que  sete meses atrás, o Presidente Rajoy, presentásea como o proxecto estrela da dinamización empresarial.

    Estamos ante unha fantasía mais, unha declaración de intencións  cuxa  futura tradución lexislativa , equivalerá alternativamente a un novo proxecto de lei baleiro de contidos  e recortado dos  apoios fiscais inicialmente previstos, ou na súa falta,   reducidos á mínima expresión. É dicir, un modelo inservible, outro expoñente mais  da política testemuñal á que nos ten habituado o goberno, e cuxo resultado efectivo non será outro  que acentuar  a escala de limitacións que impidan  toda  evolución.

     

    Con todo, á vista dos feitos, o que resulta indolente é a actitude das institucións patronais, quen sorprendentemente,  mais que representar aos seus asociados, promotores de actividades mercantís, os  dirixentes, despuntan polo seu acatamento  ás directrices cociñadas na rúa Génova.

    Boa  proba  desta obediencia represéntao o seu implícito apoio en defensa do último  plan de axuste gobernamental, cuxo respaldo en boa lóxica, non podería ser referendado por ningún empresario nos seus cabais, se este,  tivera a mínima noción da relación existente  entre a economía e o funcionamento empresarial,   por canto, a súa incidencia   xerará un quebranto irreversible  que acentuará o desemprego e conducirá  á destrución continuada do tecido empresarial. 


    Estas actitudes diverxentes  por parte dos representantes da patronal converten a estas entidades de representación, en estruturas  ineficaces, en correas de transmisión ao servizo  do poder político, quen coa colaboración necesaria, manipula con finalidade  oposta aos lexítimos intereses da súa base asociativa.


    Nin que dicir ten, que o silencio cómplice por si mesmo, sempre resulta ser extraordinariamente expresivo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook