Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 17
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    TEMPO IDEOLÓXICO

      

     

    O tempo, é sen dúbida  noso  inseparable compañeiro de fatigas, que curiosamente, sen termos  posibilidade de elixir estamos obrigados  a soportar durante o transcurso  dese  episodio que é  a nosa vida, pois instálase  nela non máis nacemos, para apearse cando chega o desenlace; xa que logo, o tempo resulta ser  testemuña permanente da nosa existencia, o agregado natural  das nosas  vivencias e por tanto,  o factor  característico da nosa experiencia, pero esta concepción do  tempo, ha concibirse no contexto dunha noción espacial  taxativa,  suxeita á   idiosincrasia do individuo como ámbito de referencia.

     

    Aspecto distinto é o tempo como factor político, neste caso o establecemento de súa orixe e extinción,  excede a demarcación da existencia material do  individuo para converterse nunha   etapa  de duración indeterminada, por canto,  os colonos da política, por  difusión xeracional  seguen cultivando como fresca a rancia semente do pretérito, e  unha vez feita a colleita,  seguen a  poñela   no mercado coa diferenciada denominación de orixe de dereitas ou esquerdas.

    Estes precintos  trasnoitados, para nada acomódanse á realidade dos novos  tempos, tan só atenden á  estratexia  de comercialización política   de quen apostan por manter distincións de confrontación  e xustificar tras ese xogo de encasillamento, a  confusión en vantaxe das súas propias ambicións. 

     

    Vén a colación o exposto, por canto, na  política  a indulxencia debe ter seu ámbito delimitado pola  fronteira da racionalidade, e cando esta excédese coa aplicación incoherente de maximalismos disidentes ou realidades opostas, entón, a  afronta social está servida e por correspondencia a réplica é obrigada.

    Por tanto exercendo quenda discrepante, considero,  que  cando os resultados electorais non son os esperados e a conformación da  gobernabilidade institucional  precisa de dependencias ou alianzas, non é de recibo acollerse á baza do  artificio, resucitando o esgotado testamento de dereitas e esquerdas ou a interesada  afinidade de complicidade ideolóxica, maiormente  cando ambos argumentos,  á parte da súa polémica  lexitimidade,  teñen o agravante de ser un mero  pretexto  condicional, ou o que é o mesmo, unha tapadeira de afianzamento para acadar  o poder  no sentido dominante.

     

    Quen exerce como cidadán afirmado  en premisas  de tolerancia pragmática, arraigadas conviccións e liberdade de pensamento, élle insustentable tolerar en silencio,  que a clase política  versione o obxecto das súas ambicións tras dun guión de concreción interesada onde a saturación de incongruencias e   os desaxustes coa realidade, poñen de manifesto, que tras súa  mensaxe subliminar  subxace   a existencia dun conflito de intereses persoais.

     

     

    A práctica política dos novos tempos, refugou o argumento heteroxéneo das ideoloxías,  por canto, á marxe do significado definitorio do concepto  de dereitas  ou esquerdas,  os actores exercentes  demostran converterse en profesionais dependentes  da cousa pública, impondo como obxectivo preferente o  patrocinio das  súas particularidades  sobre labores do interese xeral que  debesen ser o ineludible  dentro  da  orde de preferencias.

     

    Vivimos asomados a unha realidade contraditoria, podendo observar desde a mesma,  como os administradores dos idearios sucumben ante  as vantaxosas contrapartidas que a actividade política depáralles, e así, con toda  naturalidade propician  a  contradición que supón promover  a  denuncia das desigualdades, ao mesmo tempo, que coas súas excedidas retribucións, insolidarias contrapartidas e desaforadas melloras,  potencian a consolidación das discriminacións

     

    É preocupante a actual  crise de valores que padece a clase política como  súa carente vocación de servizo, resultando  inaudito  que o papel dirixente e formalmente representativo que lles está asignado   sexa   relegado a un segundo plano como consecuencia do actual  terremoto socio-político  promovido polos movementos espontáneos, que en réplica diverxente,  poñen en cuestión a eficiencia  da clase política  en razón á súa demostrada incapacidade  na articulación  de medidas  resolutiva á deterioración  existente.

     

    Por tanto, non é tempo de expor un debate de distincións formais  sobre as vantaxes ou inconvenientes existentes entre o hipotético progresismo da  esquerda ou o reivindicado    realismo da dereita, iso, para  este autor é xa un debate  superado, agora o obrigado pasa pola rexeneración   da vida política, pois sen vacilación hase  afirmar que esa si é a partitura dos novos tempos.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook