Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 08
    Abril
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Un 'non' aos Orzamentos

    Os integrantes da "fábríca política do PP", pola súa comenencia e anteposición dos seus intereses á defensa dos electores, advirten da feble fiabilidade que debe outorgárselles en razón á súa nula integridade e controvertido proceder

    Un  'non' aos OrzamentosComo todos os anteriores, os Orzamentos Xerais do Estado (O.X.E.) para o 2017, de ningún xeito reflicten a imaxe fiel do que necesita o país por conter maiormente previsións adulteradas, sofismas que de ningún xeito se poderán cumprir; novas peripecias que por iterativas non deben representar novidade algunha, por ser a tónica xeral das contas públicas redactadas durante os anos en que Rajoy ostentou a Presidencia do Goberno, en cuxo transcurso, fíxose constante o incumprimento sistemático de todas as súas promesas e compromisos.

    O proxecto en tramitación está sustentado en idéntica dirección e mesma liña política que os que lle precederon, e aínda que mediáticamente téntese vender como o punto final dos recortes e un referente do crecemento, o certo é que polo sustento da súa redacción neoliberal o seu contido máis que reverter a actual tendencia ratifica a súa continuidade, prorrogando a situación deficitaria na prestación dos servizos públicos básicos, as desigualdades sociais e a elevada taxa de desemprego; unha proposta por tanto, afastada das políticas de calado que a situación require e que para nada favorecerá a instauración dun modelo produtivo eficiente nin a potenciación efectiva da actividade dos autónomos e pemes como a dos sectores tradicionais da nosa economía.

    Carencias que teñen na crise a coartada por excelencia para xustificar un proxecto de Orzamentos que mais que «pensado para as persoas» está redactado en exclusiva preferencia dos mercados; e iso é así, pola nula capacidade do Executivo para intervir na economía, como consecuencia do condicionante de pertenza á UE e á Eurozona, e o agravante de ter transferido a maioría dos instrumentos e competencias desta índole económica ao sector privado.


    Establishment que mais alá dos compoñentes da "fábrica política do PP" é quen na práctica move os fíos fixando ao seu antollo e proveito as pautas económicas do país, fóra da política fiscal que curiosamente é a única materia que segue mantendo atribución do Estado, aínda que , limitada na súa aplicación pola determinación dos propios mercados no que a grandes fortunas refírese, como asemade polo condicionante do non menos estrafalario Pacto de Estabilidade e Crecemento da UE., en razón ao obxectivo da súa finalidade.

    Nada distinto por tanto a teor dos desastrosos resultados acadados polo actual Presidente no transcurso dos seus anos de goberno, falando por se só como paradigma, o feito constatable da falta de reintegro dos 51.300 millóns de euros inxectados de forma directa no ano 2009 en concepto real de rescate do sector financeiro, tendo en conta que o incumprimento da súa devolución despois de oito longos anos, contrasta coa desvergoña dos beneficiarios da utilización dese diñeiro público repartindo substanciosos dividendos, dun teórico "préstamo" que unha vez saneadas as entidades díxose devolverían, pero que todo vén indicar que pola propia transixencia dun PP en minoría e a permisividade dun sector maioritario do parlamento, a esixencia do seu reembolso queda en suspenso e por conseguinte o seu importe tórnase irrecuperable.

    Un atraco auxiliado políticamente, cuxa repercusión ten de percibirse como unha volta de porca á presión fiscal soportada polos contribuíntes, e de escamoteo ás medidas de revitalización do tecido produtivo e ao a xeración de emprego; un lesivo resultado que ademais de prorrogar os efectos da crise, evidencia a quen está a favorecer os membros da "fábrica política do PP", resultando notorio que a permisividade de tal proceder ademais da presunta condición delituosa tira por terra toda solvencia do contido do proxecto de orzamentos. ao non consignar como ingresos o devandito importe.

    E mentres isto ocorre e consúmase o escándalo, o Goberno de Rajoy presenta uns Orzamentos para o 2017 en clave de continuidade, incluíndo novos recortes sociais e demais aspectos restritivos que contrariamente ao optimismo expresado polos seus redactores, o certo é que o seu contido non favorecen en absoluto o crecemento nin a xeración de emprego, mais ben ao contrario, son reveladores do canellón sen saída no que sumiron ao país, como así expresa, o feito de xustificar a súa aprobación na contrapartida de poder outorgar un préstamo para o pago das pensións, e todo, como consecuencia de ter dilapidado con anterioridade o cuantioso fondo de reserva existente e verse agora na tesitura de afrontar como único recurso o a utilización da emisión de débeda .

    Un  'non' aos OrzamentosResultando xa o colmo da falacia, que despois de proclamar como creación de emprego durante anos, a fórmula de utilizar o prorrateo de menos horas entre mais demandantes, a base de acentuar a precariedade e a restrición salarial; véñannos agora dando por certo no texto orzamentario como emenda do actuado, a redución en 3 anos do 90% do emprego temporal, é dicir , comprometendo unha vez mais o que saben de antemán que coa aplicación das súas políticas son incapaces de cumprir.


    Cúmulo de despropósitos todos eles, expresivos do anacronismo xeral do contido duns Orzamentos que por inadecuados, debesen ser rexeitados pola Cámara e devoltos ao Goberno para a súa corrección e reformulación

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook