Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 29
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un protectorado neoliberal

     Neste estado de extrema dependencia e  autoritaria hexemonía xermánica, quedan poucas dúbidas para afirmar que o proxecto de Europa é un fracaso estrepitoso, por canto, perdeuse a esencia da súa finalidade, sustentada nun proxecto de cohesión político - social.


    "Diga a verdade, é a primeira vez na historia deste país que nos puxeron obrigas". Esta frase acusadora ten a súa paternidade intelectual nun aguerrido Rajoy; sendo proferida a súa locución en foro parlamentario dende o seu escano, cando como xefe da oposición arremetía contra o seu antecesor no cargo, o ex presidente Zapatero, acusándoo de ser o responsable de enterrar a nosa soberanía económica para converternos nun protectorado alemán.

     

    O certo era que a xulgar polas súas palabras, ao líder do PP, agora presidente do Goberno, non lle faltaba razón en censurar a Presidencia de quenda  da UE, por canto, Rodríguez Zapatero finalizaba a súa xestión cun balance desastroso; tanto era así, que poñía termo ao seu mandato semestral deixando ao propio país coa "economía intervida", e iso, a pesar os bos augurios que anticipadamente preconizara a pitonisa oficial do PSOE, Leire Pajínco seu galáctico acontecemento planetario.       

     

    Á marxe do anecdotario do disparate, agora, cando o resultados da política do novo Executivo falan por se sós, é cando o Presidente en vez de predicar co exemplo se empacha de contradicións, asfixiando a súa decaída integridade na incoherencia dos seus anatemas de antano.

     

    E así, o que entón resultaba ser un pernicioso protectorado alemán, a tempo presente, transformouse nun referente de devoción, nun enclave onde a sacerdotisa Merkel predica a doutrina neoliberal que resulta ser o sono da dereita española, de aí, que agora a Rajoy se lle desinche aquel empacho patrio e decida engadirlle crise á crise, renunciando ao principio de soberanía para que o seu Goberno cinga o facer político ao exclusivo ditado do enxame político teutón.

     

    Á parte dos manifestos despropósitos do actual Presidente do Executivo, neste estado de

    extrema dependencia e autoritaria hexemonía xermánica, quedan poucas dúbidas para afirmar que o proxecto de Europa é un fracaso estrepitoso, por canto, perdeuse a esencia da súa finalidade, sustentada nun proxecto de cohesión político social, entre cuxos obxectivos mais relevantes estaba o reequilibrio económico territorial, é dicir, a eliminación das periferias a través de significativos fondos estruturais coa finalidade de uniformar a riqueza.

     

     

    Pero o que se presumía factible, aínda cando os primeiros anos de integración achegaba síntomas prometedores; como consecuencia da construción neoliberal do euro e do BCE, quebrouse todo o proceso anterior, e por imperativo dos intereses económicos do Bundesbank - banco central alemán, os países ex periféricos volven a ser considerados no seu termo de orixe, contrariando a lóxica colectiva que presidía as decisións iniciais, circunstancia que impuxo a dinámica de centro-periferia como práctica dominante, co despropósito engadido, que en axuste a este novo formato, inversamente ao imaxinable, quen ostenta o papel de centro non é a Comisión Europea, senón que o pleno dominio recae unilateralmente en Alemaña.

     

    Aquí non caben mais ambigüidades políticas, e polo tanto, ante a ofensiva a que estamos sometidos, os representantes institucionais mais que pregarse a intereses espurios teñen de tomar posición decidida, pois dende a responsabilidade do seu cargo de representación están obrigados a poñer limite a estafa que actualmente sustenta a montaxe da construción dunha Europa, supeditada ao capital financeiro alemán en prexuízo do resto dos estados membro; para evitar con iso que no conflito de compatibilidade forzada entre democracia representativa e neoliberalismo non sexa este o triunfador da contenda, pois os feitos avalan que o neoliberalismo non só é unha concepción política económica, senón tamén, unha filosofía política e ideolóxica que perturba todas as dimensións da vida social.

     

    Por iso mais que dar continuidade a tan perigosa deriva, estratexicamente, o obrigado sería establecer un consenso para que a UE afrontase de partida a reformulación do seu deseño e a pluralidade da súa finalidade, suposto contrario, a democracia terá os días contados e o futuro de Europa terá alcanzado a súa mais que probable disolución.

     

     

    Nesta dirección, resulta un anacronismos relegar o relevante ao plano do accesorio, e en vez de forzar a restitución dos valores democráticos, caer na complicidade de validar a disfuncionalidade existente e a primacía dominante, a través de absurdas estratexias, como o pacto referendado por PP, PSOE, CiU, PNV, UPyD, CC e UPN, cara ao Consello Europeo, clausurado onte, cuxo contido foi un novo brinde ao sol, onde as reivindicacións formuladas sobre a unión bancaria, o financiamento das pemes e o plan de emprego xuvenil, unha vez máis quedaron nunha lista de bos propósitos por obra e graza  da intransixente austeridade neoliberal do   protectorado amigo da emperatriz Merkel.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook