Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 21
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    XORNADA DE REFLEXIÓN

     Isto da xornada de reflexión, tenme mais pinta de ser  un día  para curar a resaca  provocada por unha chea excesiva dun  “cocktail” de siglas políticas, que un día efectivo de meditación, no  determinar con acerto a selección electoral  de quen durante o  próximos catro anos, administrarán o futuro do colectivo cidadán.

    De calquera xeito, esa veda electoral, ese método prohibitivo para  dificultar a circulación de axentes ou inducidos publicitarios, co ánimo de protexer  ao elector no exercicio de reflexión  sobre seu voto á marxe de teóricas influencias externas, podería ter súa razón e fundamento cando o lexislador elaborou o actual marco xurídico de regulación,  pero as circunstancias temporais e técnicas  teñen excedido a hipotética  racionalidade  daquela decisión, e a momento presente,   este singular día de véspera electoral, representa unha expresión   descontextualizada da realidade.

     As novas tecnoloxías  sen dúbida, crearon un antes e un despois  na protección e nas limitacións que estable o Artigo 53 de Lei  Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, estando superada súa regulación pola práctica  do  exercicio dos acontecementos, pois aínda cando, se establece de forma taxativa o  impedimento de difundir propaganda electoral nesa xornada, non é menos certo, que ditas  restricións concirnen ás formacións políticas e candidatos, sendo extensivas  aos sistemas de comunicación e información anexos da súa dependencia.

     Curiosamente,  ditas limitacións manteñen unha contradición legal cando o marco de aplicación exime de tal  obrigación limitativa  ao ámbito privado, circunstancia, que fai posible  ampararse na máscara dun particular e de forma sibilina, poder seguir difundindo durante a xornada de reflexión, publicidade electoral  a través de redes sociais , blog , telefonía  móbil, etc., por canto,  tal manobra non entra dentro do suposto de vulneración do marco normativo, o que representa ser un indicador  determinante para asumir que as novas tecnoloxías  de comunicación electrónica,  forzan  a variación do actual réxime normativo.

     No entanto, todo o exposto entre liñas,  non deixa ser unha análise das contradicións formais  da actual regulación electoral, pero, o verdadeiramente inquietante,  é o defecto de fondo do  seu propio espírito, por canto, por mais que se tente camuflar a evidencia,  hai que testificar  que  a matriz inspiradora  resulta anacrónica, pois, no ano 2011 seguimos mantendo vixente unha normativa baseada en preceptos de 1976, e nin que dicir ten, que os cambios sociais durante seu amplo período de vixencia, é razón mais que suficiente para súa adaptación á realidade actual.

    Esas actitudes de relaxación  da clase política,  súa carencia de dinamismo e súa probada incapacidade para cumprir un papel de vangarda, estacionou  mais alá do procedente a modernización  da anticuada  lexislación; circunstancia que detivo a posta en práctica de medidas correctoras, motivando a  entrada en escena   da  sociedade dos dous terzos, onde o descontento social, provocou un alto nivel de inestabilidade consecuencia de carencias e  desigualdades que nos conduciron  a toda velocidade en  dirección á  inestabilidade permanente.

    E un exemplo do referido, represéntao, o movemento "Democracia real xa", que resulta ser unha corrente  insólita na temporalidade da  nosa  historia democrática,  que converteuse da noite para a mañá ,  no verdadeiro  protagonista nesta  xornada de reflexión do 21 de maio. 

    Esta reacción contestataria que ten  por protagonistas  a un  sector heteroxéneo da nosa sociedade,  ademais de ser  un expoñente de censura  ao modelo social imperante, é un referente   reivindicativo á corrección das desigualdades dominantes,  e  sobre todo, unha réplica sen precedentes á miopía dunha clase política, a quen pillou ensimesmada  no seu singular escenario electoral mentres  predicaba  maximalismo nun exercicio de malgaste,  tentando  prorrogar a continuidade da democracia burocrática  e os seus propios privilexios,  mentres deixaba no esquecemento o establecemento de reformas   de urxencia  para  equilibrar as diferenzas sociais e funcionais que motivaron esta reacción colectiva e incontrolada.

    A quen concibe a xornada de reflexión desde unha óptica aberta á análise  global da situación socio - económica do país,   á marxe da formalidade imperativa dun  corpiño oficialista, que limita seu marco espacial á estrita temporalidade dunha campaña electoral, antóllaselle que resulta  un despropósito que a Xunta Electoral Central proclamase a ilegalidade á concentración que tiña previsto hoxe este movemento espontáneo, por canto, con iso, descólgase da rúa  a bandeirola mais relevante da actual campaña electoral e bórrase nun día sinalado o mais significativo   referente para a reflexión.

    Mal anda a saúde democrática do país   cando a  voz dos indignados apágase vía sentencia, todas as comparacións son odiosas pero vai resultar,  que se estenderon como un contaxio,   os malos hábitos  do Concello de Fene.

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook