Acabamos de ver como os demócratas da Europa comunitaria -os que convertiron a Europa da cultura e dos pobos na Europa dos mercaderes- saíron co rabo entre as pernas da Grecia que eles mesmos arruínaron e empobreceron. Vimos como un país pequeno pero orgulloso de seu, e con máis dignidade que a maioría deles -xa o dixo a Venus de Milo: "quen me dera poderlles facer un corte de mangas"-, non fixo caso das recomendacións dos poderes fácticos da chamada Unión Europea: Banco Mundial, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comunidade Económica Europea. Por certo, un destes poderes tivo como presidentes ao triplete Strauss Khan, Rodrigo Rato e a señora Lagrade; todos con contas pendentes ca Xustiza.

Este triplete, dicía, foi sermonear ós gregos que se votaban Syriza, íanlles caer tódolos males humanos e divinos, e entre eles o noso presidente, coñecido en Europa como Míster Mariano. Si, señora (Merkel), como se os gregos nadasen na abundancia. Lembremos os números de Grecia dende que escomenzou o saqueo noeliberal: aumento do paro do 25%, caída do PIB do 35%, caída dos salarios nun 35%, caída da produción industrial noutro 35%; e despóis desta marabilla, aínda tiñan que seguir a recortar. É dicir, a aumentar as desigualdades.

Lembremos tamén como o referendo da Escocia, un país de cinco millóns de persoas, fixo pregoar a esta banda de trileiros que como saíra o si ía ser a súa ruína. E como está Alemania: ó rematar a II Guerra Mundial lle foi condonada a súa astronómica débeda nun 68% coa condición de instalar bases ianquis que ahí están e sen pagar ren. Un dos acreedores casualmente é Grecia.

Grecia reclama agora, e con razón, 1.900 millóns de euros ó Banco Central Europeo que acadaron coa venda de bonos gregos.

En España estase a cociñar algo semellante contra Podemos; xa vemos como se lle están a botar tódolos males cando esta formación aínda non fixo ren. Un diputado do partido máis corrupto dixo que se gañan os de Podemos acábase a democracia en España. O mal disto é que alguén o crea. En fin, iso, ollo ó piollo.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.