Nada máis simbólico do que algúns consideran que é promocionar a cultura, que o aterraxe dun helicóptero no Gaiás, ese mamotreto, saco sen fondo de cartos para satisfacer egos persoais, que ensombrece a cidade de Santiago. Así é como comeza o vídeo musical de Enrique Iglesias, no que durante pouco máis dun minuto se refire a Galicia, en algo que parece máis ben unha promoción do Benidorm dos anos 70, con Pajares, Esteso e Ozores alucinando coas suecas.

O obxectivo segundo Feijóo era "dar a coñecer o país", e para eso, a Axencia de Turismo debeu pensar que nada máis representativo da nosa terra que o casco vello de Lugo, a praza do Obradoiro, ou a Ribeira Sacra, como imaxes dunha canción na que un tío en pleno outono canta en Galicia :"Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahía", ou que recita frases tan "pouco" sexistas e representativas da nosa cultura como :"Eres la envidia meneándote toda". Como senón tivéramos festas dabondo que promocionar na nosa terra, transforman o Mosteiro de Carboeiro nunha discoteca, como se Galicia fose a "capital" de Miami.

Esta paifocada podería ser un chiste, senón fora porque a gracia costounos a todos os galegos máis de 300.000 euros adxudicados nun procedemento negociado sen publicidade. Xa o fixera Zaplana agasallando a Julio Iglesias con máis de 6 millóns das antiguas pesetas por promocionar a Comunidade Valenciana, así que nós, non íamos a ser menos. De seguro que as adxudicacións públicas á familia Iglesias son por unha cuestión de mérito e capacidade, e que nada teñen que ver co apoio que sempre brindaron ao PP.

Así, mentres se lle enche o peto aos amigotes a base de derroche de cartos públicos, recórtase en educación, sanidade, dependencia? e maltrátase ao sector cultural do noso país, que esmorece asfixiado pola suba do IVA, co grifo das subvencións pechado, e coa promoción da nosa música limitándose a uns minutos nas noites de Luar da TVG. Xerando, como di a canción, "a noite e o día"; a noite, que se cerne sobre os nosos artistas e espazo cultural; e o día, que segue brillando sobre os amigotes con grandes mansións en América.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.