Chámanse funcionarios interinos aos empregados públicos cuxo vínculo coa administración é temporal. Este persoal réxese en Galicia nestes momentos polo Decreto 37/2006, no cal se aplican os principios de igualdade, mérito e capacidade. A Consellería de Traballo leva dende o ano 2010 saltándose este decreto e estes principios a toureira e apoiado por algúns sindicatos. Que intereses existen para dito comportamento aínda hoxe descoñecémolos. A Consellería de Traballo ,que é a garante do bo funcionamento do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), segue facendo o que lle peta en detrimento do Servizo e dos usuarios que alí acoden a diario. As Oficinas de Emprego (OEs) son pequenos feudos onde o señor feudal segue impoñendo os seus criterios. Os demandantes de emprego (desempregados) son meros números. Esa é a realidade. A noticia de que a achega do SPEG á xeración de postos de traballo nin sequera é un 5% quere dicir moito. Ante todo isto a Consellería está cubrindo postos de traballo nas OEs grazas as achegas do Estado e do Fondo Social Europeo utilizando as listas do Decreto 37/2006 pero sen seguir os principios e as regras de dito decreto. Solicita unhas determinadas titulacións para cubrir ditos postos o cal como se ve non é garante dos obxectivos que se perseguen. Pero eles seguen coa súa teima. Por que utiliza criterios diversos para eses mesmos postos de traballo en asociacións e concellos? Por que un diplomado ou licenciado (agora Grado) pode traballar nun concello ou nunha asociación como orientador laboral se ten experiencia no posto de traballo e esa oportunidade non a ten nunha OE? Por que un diplomado en RR.LL. pode traballar nunha OE e un licenciado en RR.LL. non? Por que un diplomado en Educación Social pode e un habilitado en Educación Social (formación e experiencia) non? Por que un licenciado con un Máster en Orientación Laboral non pode traballar como orientador laboral nunha OE?

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.