Cartas de los lectores

Funcionarios interinos na Xunta para que? Segunda parte

05.08.2015 | 00:26

Ante a crise económica que estamos a sufrir e seguindo as pautas do diálogo social así como os diversos reais decretos-leis para fomentar o emprego e a estabilidade económica e laboral, a Consellería de Traballo pon en marcha diversos plans de actuación: así no ano 2010 contratou promotores de emprego, no ano 2013 contratou persoal para loitar contra o fraude, no ano 2015 contratou persoal para o fomento do emprego xuvenil e nestes momentos ten a intención de contratar a outras 70 persoas para as OEs. O rechamante é que a todas estas persoas as está convocando utilizando o Decreto 37/2006, as listas do grupo A2 (diplomados) e que posúan unha titulación específica: ou graduado social ou Traballo social ou educador social ou diplomado en RR.LL. Todo este persoal está facendo as funcións de orientador laboral (categoría profesional aínda non creada porque non interesa a ningunha das partes: Xunta e sindicatos). A idea xeral é que todas as persoas beneficiadas destes plans teñan unha cita de orientación laboral onde se faría unha entrevista individual para deseñar un itinerario personalizado de inserción axeitado ao seu perfil. Xa se sabe o que pasou cos promotores de emprego: despedidos. Tiñan dous encomendas: a orientación e a prospección (contacto coas empresas). Este segundo punto non o fixeron porque non interesaba, por que? Quen puxo pegas a dita labor, os coordinadores centrais ou os directores das OEs? E sego preguntando o resto dos outros grupos están a facer as labores encomendadas. Por que lles poñen trabas a súa labor? Quen controla isto? Todas estas persoas contratadas teñen unha ou dúas semanas de formación con un coordinador e despois na propia oficina son axudados polos compañeiros para controlar o funcionamento e os diversos programas informáticos. Cando empezan a levar a cabo as labores polas que foron contratados? Que intereses hai para que estas persoas sexan contratadas saltando os principios de igualdade, mérito e capacidade que rexen o Decreto 37/2006? Por que unha persoa que está nesta lista no posto 1 ou 2 con unha puntuación de 18 ou 17 puntos, e con formación específica para os postos de traballo ofertados impartida pola Consellería, non pode facer ditas labores e o que está no posto 120 e con 0 puntos si?

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine